Ficha biblioteca

Noticia A Xunta achega 852.000 euros aos concellos da zona sur da provincia para contratar a 49 traballadores con tarefas de prevención de incendios
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación30/07/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Empleo, Medio ambiente Tipo de contenidoNoticias, Procedimientos, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A Xunta destina algo máis de 852.000 euros a colaborar cos concellos da Zona Sur da provincia de Lugo na contratación de 49 persoas traballadoras ao abeiro do programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’.
Detalles contenido
A Xunta achega 852.000 euros aos concellos da zona sur da provincia para contratar a 49 traballadores con tarefas de prevención de incendios A Xunta destina algo máis de 852.000 euros a colaborar cos concellos da Zona Sur da provincia de Lugo na contratación de 49 persoas traballadoras ao abeiro do programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’.
30/07/2026|Xunta de Galicia
  • O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que o programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’ serve para fomentar o emprego a nivel local ao tempo que reforza a prevención dos lumes e a conservación do medio rural

 

A Xunta destina algo máis de 852.000 euros a colaborar cos concellos da Zona Sur da provincia de Lugo na contratación de 49 persoas traballadoras ao abeiro do programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’.

Así o explicou o delegado territorial da Administración autonómica, Alfonso Villares, no transcurso dunha visita ao municipio de Sober para coñecer os labores que desenvolven as cinco persoas contratadas pola entidade local. O delegado estivo acompañado polo alcalde, Luis Fernández Guitián.

Villares destacou que a través desta iniciativa, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración apoia a contratación de persoal durante nove meses a xornada completa para realizar tarefas de prevención de incendios.

En canto á distribución nas comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga, os concellos do Saviñao e Quiroga incorporan seis traballadores, respectivamente; Sober e Monforte de Lemos cinco; Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Pantón catro; e Carballedo, Taboada, A Pobra do Brollón, Chantada e Bóveda tres cada un.

A convocatoria recolle a realización de tarefas relacionadas coa planificación preventiva, a silvicultura, a limpeza de montes, a valorización forestal e a xestión da biomasa.

Villares apuntou que a medida cumpre así un dobre obxectivo, xa que ofrece oportunidades laborais ás persoas desempregadas ao tempo que reforza a prevención de incendios e a conservación do medio rural.

Novidades deste ano

A orde de axudas de ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’ incorporou importantes novidades este ano para reforzar a eficacia das actuacións preventivas. Entre elas destaca a creación da figura da persoa coordinadora municipal de prevención de incendios, destinada aos concellos adheridos ao convenio de colaboración entre a Xunta e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. Estes municipios tiveron a posibilidade de contar cun contrato adicional para coordinar os equipos de traballo e planificar as actuacións dacordo coa estratexia autonómica.

Ademais, por primeira vez garantiuse aos concellos afectados polos grandes incendios forestais e aos adheridos a este convenio o mesmo número de contratacións que na convocatoria anterior. Tamén se incrementaron os apoios para os municipios con máis de 1.500 hectáreas de redes secundarias de franxas de xestión de biomasa.

O apoio da Xunta complétase cunha formación específica para as persoas coordinadoras en materias relacionadas coa prevención de incendios, o uso de maquinaria e ferramentas forestais e a seguridade no desempeño das súas funcións.

Temas:Administración pública, Administración local, Empleo, Medio ambiente
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido