Ficha biblioteca

Evento Curso de QGIS. Iniciación aos SIG de software libre
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación06/08/2026 FuenteBOP de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Lugo Ámbitos geográficosLugo
Descripción Destinatarios: Empregados/as públicos/as da administración local da provincia de Lugo, preferentemente arquitectos/as, aparelladores/as, topógrafos/as, enxeñeiros/as, enxeñeiros/as técnicos/as, técnicos/as que queiran empezar a utilizar un software gratuíto empregado para manexar a cartografía básica dun concello e toda a información xeográfica que se poida e extraer de diferentes sistemas, análise cartográfico, xestionar bases de datos cartográficos, así como adquirir unha maior capacidade e de xestión da información
Detalles contenido
LugarPresencial OrganizadorDeputación de Lugo Fechas
DíaHora inicioHora fin
28/09/2026 17:00 20:00
15/10/2026 17:00 20:00
Evento

Curso de QGIS. Iniciación aos SIG de software libre

  • Participantes: 15
  • Horas: 30
  • Datas realización: Do 28 de setembro ao 15 de outubro de 2026
  • Horario: Das 17:00 h. ás 20:00 h.

OBXECTIVOS:

  • Comprender os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), incluíndo os sistemas de coordenadas, as proxeccións cartográficas e os diferentes formatos de información xeográfica.
  • Coñecer a interface, as ferramentas e as principais funcionalidades de QGIS para a creación, edición e análise de información xeográfica.
  • Crear, editar e xestionar información vectorial mediante a dixitalización e organización de datos xeográficos.
  • Aplicar técnicas de simbolización e etiquetado para representar a información xeográfica de forma clara, precisa e adaptada ás necesidades de cada proxecto.
  • Traballar con información alfanumérica asociada aos datos espaciais, realizando consultas, edicións e unións de táboas de atributos.
  • Realizar análises espaciais sobre datos vectoriais mediante ferramentas de xeoprocesamento para obter información útil na toma de decisións.
  • Comprender o modelo de datos ráster e aplicar técnicas básicas de análise espacial sobre este tipo de información.
  • Elaborar mapas temáticos e composicións cartográficas profesionais utilizando QGIS, aplicando criterios de deseño, representación e presentación da información xeográfica.

PROGRAMA:

  • Introdución a QGIS.
  • Creación do primeiro mapa con QGIS 
  • Datos vectoriais: creación, edición e clasificación.
  • Xestión e análise de táboas de atributos.
  • Xeoprocesos I: ferramentas básicas de análise espacial.
  • Xeoprocesos II: operacións avanzadas de xeoprocesamento.
  • Modelo de datos ráster: características e tratamento.
  • Análise do terreo e modelos dixitais de elevación.
  • Elaboración de mapas e composición cartográfica para a presentación e impresión de resultados. 
Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Lugo
Ámbitos geográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contenido