Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina preto de 186.000€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación14/08/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasEmergencias y seguridad Tipo de contenidoNoticias ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A convocatoria, que sae publicada o 13 de agosto do 2026 no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos.
Detalles contenido
A Xunta destina preto de 186.000€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil A convocatoria, que sae publicada o 13 de agosto do 2026 no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos.
13/08/2026|Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica o 13 de agosto do 2026 a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de municipios galegos que conten con agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC).

A convocatoria, cofinanciada nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, conta cun orzamento de case 186.000 euros para a adquisición do material que será cedido ás entidades beneficiarias. En concreto, repartiranse 19 kits de material loxístico de seguridade viaria e 20 kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.

As entidades locais cunha poboación menor a 50.000 habitantes que cumpran as condicións estipuladas poderán optar a este equipamento específico para os seus labores de emerxencias. As solicitudes deberán presentarse desde mañá e no prazo dun mes a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal).

Esta convocatoria forma parte das actuacións da Xunta dirixidas a dotar do equipamento necesario aos concellos con servizos de protección civil e emerxencias, co obxectivo de reforzar a súa capacidade de resposta e garantir unha actuación eficaz e segura ante situacións de risco.

Nos últimos anos, o Goberno galego leva investidos máis de 27 millóns de euros en equipamento para os servizos de emerxencias da comunidade, entre eles as agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) e os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). No caso das AVPC, esta convocatoria complétase coa liña anual de axudas destinada a sufragar os seus gastos de funcionamento, dotada este ano con 370.000 euros. A resolución desta última publicouse en abril e beneficiou case 200 agrupacións.

Temas:Emergencias y seguridad
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido