Ficha biblioteca

Noticia A Xunta anima aos concellos a controlar e reducir as perdas nas redes municipais para mellorar a garantía do subministro de auga á poboación
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/09/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Ángeles Vázquez lembra que, grazas á colaboración de Augas de Galicia, 244 municipios xa fixeron auditorías aos seus sistemas para detectar problemas e fugas
Detalles contenido
A Xunta anima aos concellos a controlar e reducir as perdas nas redes municipais para mellorar a garantía do subministro de auga á poboación Ángeles Vázquez lembra que, grazas á colaboración de Augas de Galicia, 244 municipios xa fixeron auditorías aos seus sistemas para detectar problemas e fugas
10/09/2026|Xunta de Galicia
  • Tras incidir en que o Goberno galego “planifica con antelación” e non só cando non chove, salienta que a Xunta dispón desde o ano 2022 dunha estratexia que incorpora a experiencia de secas anteriores e está a mobilizar case 70 M€ en medidas neste eido
  • Co obxectivo de dar un paso máis, explica que traballa tamén na elaboración do Plan estratéxico para reforzar a eficiencia do abastecemento, apostando por medidas xa en marcha e outras novas, entre elas, minimizar as fugas, aproveitar mellor as infraestruturas existentes ou impulsar sistemas de xestión mancomunados

A Xunta de Galicia animou aos concellos a seguir avanzando no control e na redución das perdas de auga nas súas redes municipais co fin de mellorar a garantía do subministro de auga á poboación, un servizo básico e esencial que debe ter continuidade tamén en períodos de escaseza.

Durante a súa intervención esta mañá no Parlamento para falar das medidas actuais e futuras que está a adoptar o seu departamento neste eido, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, explicou que reducir a cantidade de auga que se perde antes de chegar aos consumidores é unha das principais liñas de actuación do Goberno galego.

De feito, lembrou que no marco da colaboración constante que mantén coas entidades locais, Augas de Galicia convoca desde hai anos diferentes liñas de axudas para detectar primeiro e propoñer despois posibles solucións aos problemas de funcionamento dos sistemas de abastecemento municipais.

Así, cifrou en 244 o número de concellos que xa realizaron auditorías ás súas redes grazas ás achegas da Xunta e recordou que o organismo hidráulico tamén ofrece axudas para que, unha vez identificados os problemas e puntos sensibles, os municipios poidan executar obras que axuden a solucionalos.

No actual contexto de escaseza de auga, a responsable autonómica defendeu, ademais, que o Goberno galego “planifica con antelación” e non só cando non chove. Tal e como explicou, a Xunta dispón dunha estratexia (o Plan especial da seca, actualizado en 2022) que incorpora a experiencia de episodios de escaseza anteriores en Galicia para anticiparse mellor a este tipo de situacións.

Ademais, ángeles Vázquez salientou que, nestes momentos, o seu departamento está a mobilizar investimentos por case 70 millóns de euros a través de diferentes medidas neste eido, incluíndo as axudas xa mencionadas para mellorar a eficiencia das redes municipais, o acondicionamento de estacións potabilizadoras, depósitos e outras infraestruturas ou o programa de dixitalización dos sistemas para optimizar o seu control. E para exemplificar a implicación da Xunta coa garantía do abastecemento, incidiu en que por cada euro que recibe a través do canon da auga, inviste case tres nos concellos.

En todo caso e co obxectivo de dar un paso máis, a conselleira avanzou tamén que o seu departamento está a elaborar o Plan estratéxico para reforzar a eficiencia e a garantía do abastecemento de auga en Galicia (Perega), un instrumento de análise e planificación que servirá de base técnica para o futuro Plan xeral galego de abastecemento.

Neste sentido, sinalou que a súa redacción abordarase apostando por medidas que xa están actualmente en marcha e outras novas que se poden explorar. Así, ademais de seguir traballando na redución das perdas para chegar ao obxectivo de situalas por debaixo do 20%, citou a necesidade de aproveitar mellor as infraestruturas xa existentes ou de impulsar fórmulas supramunicipais, como as mancomunidades, para optimizar a xestión conxunta da auga.

Por último, recordou que a planificación da Xunta para estar máis e mellor preparados ante episodios de escaseza debe complementarse co traballo e a implicación na xestión da auga dos concellos, que, lembrou, son os competentes en materia de abastecemento e de saneamento. “A auga non é de ninguén”, insistiu a conselleira, que considerou por iso que as administracións públicas competentes “deberían actuar” para mellorar a xestión dos recursos hídricos e que non haxa “cidadáns de primeira e cidadáns de segunda”.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido