Deseñar informes sociais baixo un enfoque técnico e práctico no ámbito local, aplicando a normativa vixente e garantindo unha correcta articulación entre o diagnóstico, os recursos do territorio e a intervención social. Identificar os elementos teóricos, metodolóxicos e éticos que compoñen a estrutura dun informe social aplicado á administración local e a súa normativa de aplicación. Aplicar ferramentas prácticas e metodoloxías de recompilación de datos na redacción de diagnósticos e casos sociais. Avaliar a calidade, claridade e coherencia dos informes sociais elaborados, contrastándoos cos criterios e esixencias do ámbito local.
Módulo 1: Fundamentación e Metodoloxía no ámbito Local: O Informe Social como instrumento exclusivo do Traballo Social: Concepto, natureza e valor documental.Marco ético e legal: Deber de segredo, protección de datos e validez administrativa.Técnicas de obtención de datos: Entrevista, observación e visita domiciliaria adaptadas aos recursos municipais.
Módulo 2: Estrutura e Contido do Informe Social: Partes constitutivas do documento: Datos de identificación, motivo, situación familiar, vivenda e contorna.Elaboración do Diagnóstico Social: Xuízo técnico, valoración profesional e prognóstico.Linguaxe técnica: Claridade, obxectividade e evitación de xuízos de valor na redacción.
Módulo 3: Tipoloxía e Casos Prácticos en Contornas Locais: Tipos de informes: Informes de derivación, acceso a prestacións, emerxencia social e periciais.O informe social na administración local: Axuste aos protocolos dos concellos e deputacións.Taller práctico: Análise, simulación e resolución de supostos baseados en casos reais. Advertencia: O contido formativo, a duración e a planificación temporal das sesións formativas pode ser adaptado polo persoal formador que imparta esta acción formativa por necesidades derivadas da aplicación dunha metodoloxía e formato determinado, ca finalidade de mellorar o desenvolvemento da mesma.
Do 5 ao 6 Outubro (sesión presencial: 7 Outubro) Outubro: do 5 e 6, sesións en liña, de 16.00 a 19:00 horas; Sesión Presencial: 7 Outubro Aula COTS Sede Santiago de Compostela, de 16:00 a 19:00 horas