Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar el contenido ofrecido.
Intervención psicoeducativa en persoas menores con TEA e TDAH
Aula Formación fogar Infantil Emilio Romay (FIER), Avda. Ferrocarril. n.º 43, A Coruña
Días: 19, 20 e 21 Outubro (FIER) de 9:30 a 14:00 horas (con descanso de 30 min)
Detección dos síntomas diagnósticos do TEA e do TDAH. Deseño de plans de intervención terapéutica e psicoeducativa integrais para menores diagnosticados de TEA e TDAH, aplicando estratexias específicas para cada caso en función das súas características particulares. Identificación das características clínicas específicas, as fortalezas e as barreiras de aprendizaxe dos menores con TEA e TDAH para fundamentar a toma de decisións clínicas e educativas. Aplicación de técnicas psicoeducativas para fomentar as súas habilidades sociais na aula e no fogar. Garantía da eficacia das adaptacións do entorno e das ferramentas de intervención implementadas, realizando os axustes necesarios para optimizar o desenvolvemento do menor.
Persoal destinado en unidades de atención social e igualdade
Módulo 1: Marco conceptual: TEA (Trastorno do Espectro Autista): criterios diagnósticos actuais, niveis de gravidade e síntomas clave. TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade): subtipos (inatento, hiperactivo/impulsivo, combinado). Controversias profesionais sobre o diagnóstico. Bases psicolóxicas do diagnóstico. Módulo 2: Detección de síntomas na aula e na vida cotiá: Impacto no desenvolvemento persoal e nas habilidades de socialización. Módulo 3: Estratexias de intervención para o TEA: Relación cos obxectos, inclusión na linguaxe e no diálogo, dificultades de vínculo social, efectos na subxectivación corporal. A cuestión da medicación. Perspectivas sobre a vida adulta co TEA. Módulo 4: Estratexias de intervención para o TDAH: Limitacións do diagnóstico descritivo. Bases psicolóxicas. A cuestión da medicación. Perspectivas sobre a vida adulta co TDAH. Módulo 5: Coordinación e alianza terapéutica: Concepto clave: protocolos de comunicación eficaz entre a escola, a familia e os terapeutas. Plan de acción: deseño práctico dunha adaptación curricular ou dun plan de intervención individual. Avaliación final: resolución dun estudo de caso integral e conclusión do curso.