Ficha biblioteca

Noticia A Rede Galega de Oficios Vivos percorrerá unha vintena de concellos galegos entre setembro e outubro
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación14/09/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O novo programa de voluntariado interxeracional da Xunta de Galicia busca poñer en valor o coñecemento das persoas maiores sobre os traballos tradicionais
Detalles contenido
A Rede Galega de Oficios Vivos percorrerá unha vintena de concellos galegos entre setembro e outubro O novo programa de voluntariado interxeracional da Xunta de Galicia busca poñer en valor o coñecemento das persoas maiores sobre os traballos tradicionais
14/09/2026|Xunta de Galicia
  • As citas inclúen xornadas relacionadas co coiro, o téxtil, a xoiería ou a madeira, entre outras experiencias

 

A Rede Galega de Oficios Vivos percorrerá unha vintena de concellos galegos entre setembro e outubro, despois da súa posta en marcha o pasado mes de xullo cunha primeira xornada en Ponteareas. Deste xeito, o novo programa de voluntariado interxeracional organizado pola Xunta de Galicia chegará nestes meses aos concellos de Allariz, Bande, Betanzos, Cabanas, Camariñas, Moraña, Mos, O Porriño, O Porto do Son, Oia, Oroso, Ortigueira, Portomarín, Rianxo, Ribadavia, San Cibrao, Teo, Tui, Vedra, Vilalba, Vilanova de Arousa e Viveiro.

Así, a través destas xornadas, que inclúen propostas relacionadas co coiro, o téxtil, a xoiería ou a madeira, entre outros, e nas que as persoas voluntarias serán guiadas por persoal experto nos distintos oficios tradicionais, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca poñer en valor o coñecemento patrimonial e cultural das persoas maiores de 55 anos, enxalzando así o seu saber como grandes conservadoras dos traballos tradicionais e artesanais do rural.

As primeiras destas citas terán lugar hoxe mesmo nos concellos de Teo (A Coruña) e Ortigueira (A Coruña), onde as persoas participantes poderán aprender, respectivamente, sobre cestería, da man de Belén Leiro, e sobre o oficio das redeiras a través da colaboración da Federación Galega de Redeiras Artesás.

Para mañá, domingo, está prevista en  Portomarín (Lugo) unha xornada da man da artista Eva María, do taller Zoclos, no que realizan zocos de maneira tradicional tendo en conta as medidas do pé de cada cliente.

A programación de setembro continuará o sábado 19 en dous puntos. Por un lado, en Vedra (A Coruña) levarase a cabo de novo a experiencia cos zocos tradicionais, mentres que en Bande (Ourense)  a xoiería será a protagonista dunha xornada guiada por Alumearte, que traballa con pezas en esmalte ao lume. Ademais, ao día seguinte, o domingo 20, terá lugar en Vilalba (Lugo) unha proposta vencellada á apicultura.

O sábado 26 será Tui (Pontevedra) o municipio que acolla o taller de Alumearte, e na mesma data Ana Rosa Lista propón unha actividade sobre o encaixe en Cabanas (A Coruña). Xa no domingo 27 en Viveiro (Lugo) organízase un obradoiro sobre a redería.

Doce accións o vindeiro mes

Xa no mes de outubro, o  sábado 3 celebrarase en Mos (Pontevedra) outra xornada a cargo de Zoclos, mentres que Oroso (A Coruña) contará con Jatafarta, un obradoiro especializado no deseño e creación de complementos e pezas de decoración elaboradas con pel de curtido vexetal. O día seguinte, o 4 de outubro, a xornada versará sobre o encaixe en Camariñas (A Coruña) da man de Ana Rosa, e sobre o téxtil en Oia (Pontevedra) con Sandra Bastón.

A programación continuará o sábado 10 de outubro, cunha actividade de artesanía con follas de millo impartida por Ester Rodríguez en Moraña (Pontevedra), e o domingo 11, cunha xornada de cestería con Belén Leiro no Porriño (Pontevedra) e outro de coiro no Porto do Son (A Coruña), da man de Jatafarta.

Sobre o coiro tamén se artella o sábado 17 un obradoiro conducido por Cabuxa en Allariz (Ourense), mentres que no mesmo día en Rianxo (A Coruña) a xornada céntrase na cerámica  con O Rulo. Tamén ao redor da cerámica se traballará o domingo 18 en Betanzos (A Coruña) co mestre oleiro Alberto Lista. Nese mesmo día, Ribadavia (Ourense) contará cunha xornada de madeira da man de Aitor Martínez. Finalmente, o sábado 24 Geli Martínez impartirá unha actividade sobre as redeiras en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Nela Biosense e Nela Gourmet mostrará aos participantes o proceso de elaboración da cosmética rural e as marmeladas artesás en San Cibrao (Ourense) o día 25.

Temas:Administración local
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido