Ficha biblioteca

Noticia A Deputación de Pontevedra destina 8 millóns de euros ao IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación17/09/2026 FuenteBOPPO
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Deporte Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesDiputación de Pontevedra Ámbitos geográficosPontevedra
Descripción O plan vai dirixido aos concellos de ata 50.000 habitantes co obxectivo de construír, mellorar ou equipar espazos públicos de uso deportivo.
Detalles contenido
A Deputación de Pontevedra destina 8 millóns de euros ao IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas O plan vai dirixido aos concellos de ata 50.000 habitantes co obxectivo de construír, mellorar ou equipar espazos públicos de uso deportivo.
17/09/2026|BOPPO
A Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do IV Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, un proxecto cun investimento total de oito millóns de euros (8.000.000,00 €) financiados con fondos propios da institución provincial. O acordo foi adoptado polo Pleno na sesión extraordinaria celebrada o pasado 11 de setembro de 2026.
Poderán beneficiarse deste plan os concellos da provincia de Pontevedra que teñan unha poboación de ata 50.000 habitantes. As axudas, que se concederán mediante un procedemento de concorrencia non competitiva, destinaranse á construción de novas instalacións, modernización e mellora de espazos deportivos existentes, dotación de equipamentos e material inventariable, así como á adquisición de terreos para uso deportivo.
As entidades locais interesadas dispoñen dun prazo de tres meses para presentar as súas solicitudes por vía electrónica a través da Sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal), contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO. As actuacións subvencionadas deberán estar executadas na súa totalidade antes do 31 de decembro de 2028.
 
 
 

 
Se o n
Temas:Administración pública, Administración local, Deporte
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Diputación de Pontevedra
Ámbitos geográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contenido