Curso de formación específica para persoal dos servizos de axuda no Fogar: Curso de técnicas e actividades básicas de atención e coidado ás persoas dependentes
1. Persoas destinatarias.
- * Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención domiciliaria de persoas dependentes.
- * Asistentes/as e traballadores/as sociais das mancomunidades e concellos e demais persoal técnico especializado na materia encargado da atención e xestión dos departamentos de servizos sociais das corporacións locais da provincia.
- * Persoal ao servizo da Administración Local que teña asignadas responsabilidades en materia de servizos sociais ou que desenvolva o seu traballo desde outros ámbitos profesionais no campo da atención primaria e de atención á dependencia.
2. Desenvolvemento.
- 2.1. Modalidade da acción formativa: en liña.
- 2.2. Duración: 20 horas.
- 2.3. Datas de realización: do 5 de outubro ao 30 de outubro do 2026.
- 2.6. Lugar de realización: plataforma de teleformación de BIG Formación.
- 2.6. Prazas: 30 participantes.
- 2.7. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos.
- * Capacitar os/as asistentes nas técnicas e actividades básicas de atención e coidado de persoas en situacións de dependencia, para que garantan unha intervención segura, digna e de calidade no contorno domiciliario.
- * Proporcionar o dominio técnico e práctico dos procedementos de coidado, e a súa aplicación de forma eficaz, humana e centrada na persoa.
4. Programa.
4.1.Técnicas de mobilización, traslado e deambulación.
4.1.1. A inmobilización.
4.1.2. Enfermidades físicas relacionadas coa inmobilización.
4.1.3. Técnicas de mobilización, traslados e deambulación.
4.2. Técnicas de preparación da cama.
4.2.1. As camas de repouso e descanso.
4.2.2. As posicións da cama.
4.2.3. Técnicas de dobrado de sabas.
4.2.4. Técnicas de preparación da cama (ocupada e desocupada).
4.3. Técnicas de administración da medicación.
4.3.1. Factores que interveñen na medicación e uso seguro dos medicamentos.
4.3.2. A farmacoloxía.
4.3.3. Vías de administración.
4.3.4. Caixa de primeiros auxilios.
4.4. Técnicas de administración de nutrición.
4.4.1. Introdución á nutrición oral: conceptos, necesidades e recomendacións.
4.4.2. Introdución á nutrición enteral: sonda nasogástrica e PEG.
4.4.3. Técnicas de actuación urxente ante atragoamentos.
4.5. Intervención na incontinencia urinaria e fecal.
4.5.1. Incontinencia urinaria e fecal.
4.5.2. Cueiros.
4.5.3. Ouriñal (cuña e botella).
4.5.4. Estoma.
4.5.5. Sonda vesical e colector urinario.
5. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o mércores, 30 de setembro de 2026.
Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense