Ficha biblioteca

Evento Curso de actualización en técnicas de coidado, manexo e adestramento canino
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación24/09/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso vai dirixido ao Persoal da Deputación de Ourense que preste servizo nos diferentes centros e unidades da Rede Provincial de Recollida de Animais Abandonados. Empregados/as da Administración local da provincia que desenvolvan o seu traballo nas canceiras municipais ou comarcais como operarios/as e auxiliares.
Detalles contenido
Lugar Ourense Muíños Xinzo de Limia O Carballiño A Rúa OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
01/10/2026 17:00 19:30
08/10/2026 17:00 19:30
15/10/2026 17:00 19:30
22/10/2026 17:00 19:30
29/10/2026 17:00 19:30
05/11/2026 17:00 19:30
Evento

Curso de actualización en técnicas de coidado, manexo e adestramento canino

1.Persoas destinatarias.

  • * Persoal da Deputación de Ourense que preste servizo nos diferentes centros e unidades da Rede Provincial de Recollida de Animais Abandonados.
  • * Empregados/as da Administración local da provincia que desenvolvan o seu traballo nas canceiras municipais ou comarcais como operarios/as e auxiliares.
  • * Persoal ao servizo da Administración local que, polo seu posto de traballo, teña relación coas materias obxecto do curso.

2. Desenvolvemento.

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración: 20 horas lectivas.
  • 2.3. Datas de realización: do 1 de outubro ao 5 de novembro de 2026.
  • 2.4. Días e horario das sesións presenciais:
  • Clases teóricas: 1 de outubro e 5 de novembro de 2026; de 17:00 a 19:30 horas, os xoves. 
  • Clases Prácticas: días 5-6-7-8-9-13-14-15-16-19-20-21-22-26-27-28-29-30 de outubro e 2 de novembro de 2026; de 11:00 a 14:00 horas; os luns (formación específica laceiros/as), os martes (canceira de Muíños), os mércores (canceira de Xinzo de Limia), os xoves ( canceira do Carballiño) e os venres (canceira da Rúa); 3 horas-día x 5 días lectivos – 1 día á semana por grupo.
  • 2.5. Lugares de realización do curso:
    • Clases teóricas: Aulas de formación do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa O Progreso, 30-2º. Ourense.).
    • Clases prácticas: nas Instalacións da Rede Provincial de Recollida de Animais Abandonados da DPOU en Muíños - Xinzo de Limia - O Carballiño - A Rúa.
  • 2.6. Prazas: 15 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Actualizar a formación e a cualificación profesional do persoal que presta servizos nos diferentes centros da Rede Provincial de Canceiras da Deputación de Ourense.

  • * Dotar os/as asistentes dos coñecementos básicos e necesarios para que sexan capaces de entender o comportamento físico, cognitivo, emocional e social do can, para contribuír a mellorar as súas circunstancias e, en consecuencia, fomentar a adopción e adaptación dos animais.
  • * Instruír os/as participantes para que sexan capaces de entender o comportamento cognitivo emocional dos cans e así identificar os sinais de tensión e as necesidades particulares de cada animal.
  • * Aprender a entender as técnicas de xestión emocional do can para poder mellorar o benestar animal e a calidade de vida dos animais nas canceiras.
  • * Formar o persoal das entidades locais para que sexa capaz de ensinar aos cans un código de comunicación e habilidades que aumenten as súas posibilidades de ser adoptados.
  • * Capacitar o persoal das canceiras para que coñezan as necesidades especiais de cada animal para seleccionar o can adecuado para cada persoa.

4. Programa.

4.1. Necesidades dos cans como especie e comunicación canina.

4.1.1. Necesidades dos cans: necesidades básicas e necesidades sociais.

4.1.2. Comunicación canina e sinais.

4.1.2.1. Sinais de calma.

4.1.2.2. Sinais de estrés.

4.2. Como coller un can e evitar accidentes nas estradas e zonas urbanas.

4.2.1. Pautas de actuación iniciais.

4.2.2. Medidas de acción e traslado.

4.3. Chegada do can novo e xestión do estrés.

4.3.1. Corentena preventiva e redución do estrés inicial.

4.3.2. Valoración e avaliación do can.

4.3.2.1. Características físicas, habilidades sociais.

4.3.2.2. Detección de posibles problemas de conduta.

4.3.2.3. Síntomas de estrés crónico.

4.4. Como evitar pelexas.

4.4.1. Pescudar os seus detonantes.

4.4.2. Xestión e repartición de recursos.

4.4.3. Como xestionar esa manda.

4.4.4. Como actuar ante unha pelexa.

4.5. Técnicas de modificación de conduta.

4.5.1. Problemas e alteracións de conduta.

4.5.2. Métodos de modificación de conduta.

4.6. Configuración de cheniles, protocolos e manipulacións no centro.

4.7. Asesoramento ao adoptante.

4.7.1. Perfís das persoas/familias adoptantes.

4.7.2. Características e tipos de cans para a adopción.

4.7.3. Medidas para evitar devolucións.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 28 de setembro do 2026.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido