Ficha biblioteca

Evento Curso superior en protección de datos
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación30/09/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Seguridad TIC Tipo de contenidoEventos ColectivosEmpleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A EGAP convoca un novo Curso Superior en Protección de Datos con 70 prazas para o persoal empregado público
Detalles contenido
LugarTeleformación Telepresenza Presencial : Salón de actos da EGAP en Santiago de Compostela OrganizadorEGAP AMTEGA Fechas
DíaHora inicioHora fin
13/10/2026 10:00 13:00
01/12/2026 16:00 19:00
Evento
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), abre o prazo de inscrición para unha nova edición do seu Curso Superior en Protección de Datos. Esta actividade formativa ten como obxectivo dotar aos profesionais das administracións públicas de coñecementos teóricos e prácticos avanzados para garantir o cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e o Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
 
Modalidade mixta e 118 horas lectivas
 
O programa formativo estrutúrase nun total de 118 horas lectivas e combinará diferentes metodoloxías pedagóxicas para facilitar a conciliación laboral e a aprendizaxe: 
  • Sesión inaugural presencial: Dunha duración de 3 horas, terá lugar o martes 13 de outubro no salón de actos da EGAP en Santiago de Compostela.
  • Clases por telepresenza: Un total de 14 sesións virtuais en directo (42 horas en total) en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 horas).
  • Teleformación: 72 horas de traballo autónomo a través da aula virtual da Escola.
  • Exame final: Unha proba en liña que se realizará o 1 de decembro de 2026. 
O curso abordará cuestións clave como os dereitos dixitais, a videovixilancia no ámbito laboral, as transferencias internacionais de datos e as obrigas das administracións como responsables do tratamento.
 
Requisitos de acceso e destinatarios
 
A actividade diríxese de forma prioritaria ao persoal en servizo activo da Administración autonómica galega (subgrupos A1/A2 e grupos I/II), abranguéndose prazas vacantes para administracións locais, universidades e xustiza se restasen dispónbeis.
 
Prazo de inscrición aberto ata o 7 de outubro
 
As solicitudes realízanse telematicamente na web da EGAP ata o 7 de outubro de 2026, debendo achegar o persoal externo acreditación específica por correo electrónico. Pódense consultar todos os detalles adicionais na documentación completa da convocatoria
Temas:Administración dixital, Seguridad TIC
Colectivos:Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido