Ferramenta que permite o envio e recepción de mensaxes electrónicas a través de Internet.

A Xunta de Galicia ofrece ao persoal ao servizo das entidades locais que sexan usuarios do portal EidoLocal, a posibilidade de dispoñer de contas de correo electrónico de tipo buzón persoal ou de tipo buzón xenérico a nome da entidade local ou co nome dun área ou departamento.

Algunhas das características deste servizo de correo son:

  • Tamaño máximo de mensaxe: cada mensaxe entrante ou saínte pode ter un tamaño máximo de 15 MB, incluíndo os anexos.
  • Ocupación máxima da conta de correo: a cota estándar das contas de correo é de 10 GB 
  • Funcionamento da cota de espazo de correo: se a conta non supera a ocupación máxima, pódense recibir e enviar mensaxes. Se a conta supera a ocupación máxima, pódense recibir mensaxes, pero non se poderán enviar até liberar espazo. 
  • O sistema procura a limpeza de forma automática de todos os arquivos infecciosos antes da súa distribución.

Para solicitar a alta/baixa dunha conta de correo electrónico de eidolocal persoal (á que accederá só unha persoa co seu usuario e contrasinal de eidolocal) deberá cumprimentar a "solicitude de alta conta correo persoal".

Para solicitar a alta/baixa ou modificación (engadir ou eliminar permisos de acceso de usuarios a contas xenéricas) dunha conta de correo electrónico de eidolocal xenérica (conta co nome da entidade, dun departamento, dunha área, etc e a que poderán acceder unha ou varias persoas coas suas propias credenciais de eidolocal) deberá cumprimentar a "solicitude de alta de conta de correo xenérica"

Ambos formularios de solicitude están tamén dispoñibles na opción de "Contido relacionado" desta mesma ficha do servizo na parte privada de EidoLocal. Unha vez cumprimentada e asinada a solicitude deberá remitirse vía correo electrónico ao CAU (cau-periferico@xunta.gal).

Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
113 Interoperabilidad Comunicación Acceso á Rede SARA e aos seus servizos Correo electrónico
112 Comunicación Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
111 Comunicación Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... Correo electrónico
109 Comunicación Conexión remota á Rede da Xunta de Galicia e a sistemas de EE.LL. integrados na RCXG (VPN) Correo electrónico
108 Comunicación Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia. Correo electrónico
107 Comunicación Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico

Para calquera dúbida ou incidencia técnica relacionada con correo electrónico de Eidolocal poderá contactar co CAU no telf. 881 995 300 ou por correo electrónico dirixido a cau-periferico@xunta.gal.

Fecha modificación

22/08/2023

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia / Consellería de Facenda e Administración Pública / Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Gestión interna EELL

Beneficiario

Empreados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración