Dicionario xurídico galego

No dispone del permiso

Recurso xurídico e lingüístico para favorecer e facilitar o uso do idioma na actividade da xustiza.

Más información

A obra que dá orixe a esta edición é unha coedición da Xunta de Galicia e da editorial Xerais, que recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do dereito civil de Galicia.

Esta obra, promovida pola Revista Xurídica Galega (Rexurga) e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que Edicións Xerais de Galicia publicou en 2011, redactárona, baixo a coordinación de Luciano Varela Castro e de Xosé Xoán Barreiro Prado, 120 autoras e autores organizados nas áreas de dereito administrativo, dereito civil común e de Galicia, dereito do traballo e da seguridade social, dereito financeiro e tributario, internacional, mercantil, notarial e rexistral, penal, procesual e teoría do dereito e dereito constitucional.

A súa versión en liña permite a consulta de arredor de 2000 termos. Para cada busca, ofrece de forma rápida e sinxela, en función da concreción do termo procurado, un ou varios resultados coa súa correspondente definición. O resultado ofrece, ademais, a correspondencia en castelán, outros termos relacionados, a referencia do redactor ou redactora que preparou a entrada e a área do dereito á que corresponde (teoría do dereito e dereito constitucional, dereito financeiro e tributario, dereito administrativo, dereito civil común, dereito notarial e rexistral...).

Con esta edición en liña, garántese a actualización e a revisión continua do dicionario, xa que será posible incluír nel as futuras modificacións lexislativas que se produzan e, deste xeito, evitarase que quede obsoleto co paso do tempo.

O Dicionario xurídico galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do dereito civil de Galicia. Para poder usar este servizo, o ordenador desde o que se accede ten que estar conectado á rede privada da Xunta de Galicia.

Están permitidos caracteres comodíns como: ^, $ e ? .
Exemplos:

  • ^aban: palabras que comecen por "aba"
  • ono$: palabras que rematen por "ono"
  • abuso d? dereito: calquera combinación de letra "de, do etc."
Fecha modificación

17/12/2018

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia / Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/ Secretaría xeral de Politica Lingüística Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Empreados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Convenios

Convenio eAdministración

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

1. Ser persoal dunha entidade local adherida ao Convenio e-Administración 2. Estar dado de alta como usuario do Portal EidoLocal 3. Acceder dende un equipo integrado/conectado á rede da Xunta de Galicia.

Descrición proceso

Para acceder a este servizo é necesario ser persoal dunha entidade local adherida ao convenio e-Administración e solicitar ao/á Alcalde/sa, Secretario/a ou xestor de usuarios da EELL no portal EidoLocal, a alta como usuario (nome e contrasinal ) no portal. Unha vez logado no portal xa dispondrá de permiso para acceder ao Diccionario xurídico galego. Só poderá acceder ao Diccionario xurídico galego a través dun equipo que estea conectado á rede da Xunta.

Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
133 Aplicaciones y servicios finales Sistema de tradución automatizada GAIO (Integración) Correo electrónico
132 Aplicaciones y servicios finales Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia En línea