A Xunta de Galicia asinou un contrato con Camerfirma para obter de xeito gratuíto certificados dixitais e servizos que permiten aos organismos e entidades públicas firmar os documentos que forman parte dos procedementos que se tramitan de xeito telemático e identificarse ante os cidadáns nas relacións por canles telemáticas. Estes servizos tamén están a disposición das entidades locais galegas.

Entre os servizos contemplados están:

  • Implantación de Oficinas de Rexistro AP e de Cidadáns
  • Certificados de Sede Electrónica
  • Certificados de Selo Electrónico
  • Certificados de Servidor Seguro
  • Certificados de Sinatura de Código
  • Servizo de validación de certificados
  • Servizo de Selado de Tempo

Para obter máis información sobre o contrato con Camerfirma e todos os servizos a disposición das entidade locais poden contactar:

Para poder solicitar calquera destes servizos de identidade dixital unha entidade local debe cumprir o requisito de estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento dunha Administración dixital".

Para solicitar un servizo ou para calquera xestión relacionada con esta solicitude pode contactar directamente con Camerfirma, a través da conta de correo operaciones@camerfirma.com

Para solicitar un servizo ou para calquera xestión relacionada con esta solicitude pode contactar directamente con Camerfirma, a través da conta de correo operaciones@camerfirma.com

Para calquera incidencia técnica que se lle presente cos servizos de certificación pode contactar co soporte técnico da Xunta (Cau Xunta) a través das seguintes vías:

  • Envío de correo electrónico a cau-periferico@xunta.gal
  • Teléfono: 881995300

Para calquera outra incidencia (non técnica) ou dúbida pode contactar coa Oficina eConcellos a través do correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal ou ben do teléfono 981957595.

Dispón de artigos e guías de axuda que lle permiten resolver certas consultas habituais de forma autónoma en:https://camerfirma.freshdesk.com/es/support/solutions/48000031069

Fecha modificación

20/05/2026

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Datos contacto dudas

Solicitude de servizos: operaciones@camerfirma.com. Incidencias técnicas: CAU Xunta telf.881995300, cau-periferico@xunta.gal. Incidencias non técnicas ou dúbidas: Oficina eConcellos telf. 981957595, oficina.econcellos@xunta.gal

Tipo de uso

Gestión interna EELL, Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Ciudadanos, Entidades locales, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empreados públicos, Otras administraciones

Modo de consumo

No aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración, Convenio administración dixital Xunta-Fegamp (2025)