Convenio para o desenvolvemento dunha administración dixital (Xunta-Fegamp)

Convenio para o desenvolvemento dunha administración dixital (Xunta-Fegamp)

O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha administración dixital ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades locais de Galicia para a compartición de plataformas, infraestruturas, recursos e servizos que  contribúan ao desenvolvemento continuado dunha administración dixital, que permita unha maior aproximación á cidadanía e unha prestación máis eficiente dos servizos públicos.

Con vixencia ata o 31 de decembro de 2028, o convenio, asinado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), determina as condicións nas que a Xunta de Galicia facilitará o acceso das Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia ás solucións tecnolóxicas, sistemas e infraestructuras nas que estean interesadas, conforme ás especificacións e condicións de uso que serán descritas na documentación específica de cada unha delas.

As solucións tecnolóxicas de aplicación neste convenio recóllense no apartado "Catálogo servizos do convenio" existente nesta páxina.

Este novo convenio pretende dar continuidade á liña de colaboración establecida entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP inicialmente no convenio asinado o 13 de xullo de 2010 (Convenio de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da comunidade autónoma de Galicia) prorrogado a través de distintas adendas ata o 9 de xullo de 2018 e posterioremente sustituído polo convenio asinado o día 12 de novembro de 2018 (Convenio de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia) e prorrogado a través de dúas adendas (adenda asinada o 21 decembro 2020 e adenda asinada 28 de decembro de 2021) ata o 31 de decembro de 2024.

 
Documentación do convenio
 
proceso de adhesión
 
estado actual das adhesións
 
Catálogo servizos do convenio
 
Acordos marco

Os pasos a seguir para a adhesión dunha entidade local galega ao convenio son os seguintes:

  1. 1. Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade local.
  2. 2. Sinatura electrónica, na Sala de sinaturas da Xunta de Galicia, dun protocolo de adhesión.

Para a sinatura do protocolo de adhesión:

  • O representante da entidade local que vaia asinalo, deberá contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, Camerfirma, Empregado público ou DNIe.
  • Deberase solicitar o acceso á Sala de Sinaturas da Xunta mediante a remisión dun correo electrónico a cau-periferico@xunta.gal indicando no asunto do correo "Solicitude de acceso á Sala de Sinaturas. Convenio Xunta-Fegamp desenvolvemento administración dixital" e, no corpo, os seguintes datos:
    • Datos do Alcalde ou representante da entidade local que vai a asinar o documento de adhesión:
      • NIF
      • Nome e apelidos
      • Cargo
      • Nome da entidade local á que representa
      • Conta de correo electrónico  de contacto (na que recibirá inicialmente as instrucións de acceso á Sala de Sinaturas da Xunta na que se lle solicitará que asine o documento de adhesión e posteriormente recibirá o certificado de conformidade da adhesión).
    • Órgano competente da entidade local que aprobou a adhesión.
    • Data na que o organo competente aprobou a adhesión.
  • Unha vez remitido o correo de solicitude ao CAU, no momento en que dispoña de acceso á Sala de Sinaturas, recibirá na conta de correo de contacto especificada na solicitude de adhesión as instrucións para acceder á Sala de Sinaturas e asinar o protocolo de adhesión ao convenio.

O texto do protocolo que a entidade local atopará a disposición para a sinatura na sala de Sala de Sinaturas da Xunta será o seguinte: Modelo do protocolo de adhesión.

  1. 3. Conformidade da adhesión pola Comisión de Seguimento do convenio.

Dada a conformidade da adhesión por parte da Comisión de Seguimento do convenio recibirá, na mesma conta de correo, o certificado de conformidade de adhesión, considerándose a data de adhesión a data de sinatura deste certificado.

Un elevado número de entidades locais galegas formalizaron a súa adhesión ao anterior convenio do 13 de xullo de 2010, tal e como consta nas resolucións de conformidade de adhesión emitidas pola comisión de seguimento no seu momento e que se poden consultar no seguinte enlace: resolucións correspondentes ao anterior convenio, e polo tanto, actualmente xa dispoñen de servizos incluídos ao abeiro deste,  máis para seguir dispoñendo destes servizos e poder solicitar novos, é necesario que agora se adhiran a este novo convenio. O listado de entidades locais adheridas ao actual convenio é o que se mostra a continuación.
 

Listado das entidades locais adheridas ao convenio

 Segundo o disposto na cláusula segunda do convenio, as solucións tecnolóxicas que se poñen a disposición das entidades locais a través deste convenio, coas súas características técnicas e funcionais, quedan recollidas no denominado "Catálogo de servizos do convenio de colaboración para o desenvolvemento dunha administración dixital".

Na seguinte listaxe atópase actualizado este catálogo de servizos no que para cada unha das solucións tecnoloxicas actualmente dispoñibles figura toda a información e documentación relativa ás condicións e requisitos de uso:

Catálogo de servizos para o desenvolvemento dunha administración dixital

As entidades locais galegas que se adhiran ao convenio, de acordo co establecido na súa cláusula terceira, poderán levar a cabo, coas condicións e esixencias que establece a lexislación sobre contratos do sector público, contratos derivados baseados nos acordos marco celebrados pola Amtega que inclúan no seu alcance ás entidades locais de Galicia.

Para calquera dúbida ou petición relacionada con estes acordos marco pode contactar co CAU a través do teléfono 881995300 ou do correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

Acordos marco a disposición das entidades locais no ámbito deste convenio

Referencia Obxecto Data fin
AMT‑2022‑0055 Acordo Marco, con varios empresarios, para a subministración de equipamento para as plataformas de almacenamento NAS e Scale-Out da Xunta de Galicia Lote 1: 06/10/2026
Lote 2: 08/10/2026
Lote 3: 05/10/2026
Lote 4: 06/10/2026
AMT-2022-0065 Contratación mediante acordo marco cun único empresario da subministración de licenzas para a ampliación da solución de protección avanzada (EDR) 23/08/2026
AMT-2022-0080 Acordo marco, con varios empresarios, para a subministración de equipamento TIC especializado de postos de traballo en centros da Xunta de Galicia Lote 1: 26/04/2027
Lote 2: 19/03/2027
Lote 3: Non dispoñible
Lote 4: Non dispoñible
Lote 5: 16/11/2027
AMT‑2022‑0085 Subministración sucesiva, mediante acordo marco cun único empresario, do material necesario para configurar o sistema de cableado estruturado en centros da Rede Corporativa da Xunta de Galicia 22/11/2026
AMT-2022-0093 Contratación, mediante acordo marco cun único empresario, da subministración dunha solución de protección antivirus 18/06/2027
AMT‑2022‑0101 Acordo marco mixto cun único empresario para a contratación de servizos de cloud pública e a posta en marcha e soporte dunha infraestrutura de cloud pública na Xunta de Galicia. 05/11/2027
AMT‑2023‑0057 Contratación mediante acordo marco, con varios empresarios, da subministración de equipamento TIC de postos de traballo en centros da Xunta de Galicia Lote 1: 12/01/2027
Lote 2: 19/01/2027
Lote 3: 23/11/2026
Lote 4:16/02/2027
Lote 5: 25/10/2026
Lote 6: 22/08/2024
AMT‑2023‑0148 Acordo Marco da subministración de servidores para a Xunta de Galicia, susceptible de ser cofinanciado con calquera tipo de fondo (FEDER, MRR, REACT-EU...) Lote 1: 04/12/2026
Lote 2: 04/12/2026
Lote 3: 04/12/2026
Lote 4: 04/12/2026
AMT‑2024‑0048 Acordo Marco con varios empresarios, para a subministración de equipamento para as plataformas de backup da Xunta de Galicia Lote 1:09/08/2028
Lote 2:14/08/2028
Lote 3:19/09/2028
Lote 4: 10/10/2028
AMT‑2024‑0049 Acordo Marco con varios empresarios, de soportes para as plataformas de backup da Xunta de Galicia 13/08/2028
AMT‑2024‑0057 Acordo marco, con varios empresarios, da subministración e xestión integral de medios de dixitalización e impresión de documentos en centros da Xunta de Galicia Lote 1: 24/01/2028
Lote 2: 26/08/2028
AMT‑2024‑0068 Subministración mediante acordo marco para a adquisición de electrónica de comunicacións para dependencias integradas na RCXG (Lote 1) e CPDs (Lote 2) Lote 1: 02/12/2026
Lote 2: 14/01/2027
AMT‑2024‑0070 Acordo marco de servizos de ciberseguridade Lote 1: 18/11/2026
Lote 2: 19/02/2027
Lote 3: 13/12/2026
AMT‑2024‑0082 Contratación, mediante un acordo marco cun único empresario da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia. 13/03/2028
AMT‑2024‑0091 Acordo marco cun único empresario para a subministración e actualización tecnolóxica de software base de servidor de código aberto para a Xunta de Galicia 10/03/2028
AMT‑2025‑0042 Acordo marco cun único empresario, da subministración de sistemas de almacenamento de bloque para a Xunta de Galicia Lote 1: 21/08/2027
Lote 2: 21/08/2027
Lote 3: 18/08/2028
Lote 4: 22/10/2028
Lote 5: 18/08/2028
AMT‑2025‑0062 Contratación mediante acordo marco, cun único empresario, con varios lotes, do contrato mixto para a subministración, instalación e explotación dun dun laboratorio de ciberseguridade do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA) Lote 1: 31/10/2027
Lote 2: 31/10/2027
AMT‑2025‑0064 Acordo Marco, cun empresario por lote, da subministración de terminais de radiocomunicación para o acceso aos servizos da rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia Lote 1: Non dispoñible
Lote 2: 11/12/2027
Lote 3: 19/12/2027
Lote 4: 27/12/2027