Sistema de tradución automatizada GAIO (Integración)
Tradutor automático de textos, documentos e páxinas web a disposición das entidades locais de Galicia que permite facer traducións entre galego e castelán en ambos sentidos, ao igual que entre galego e portugués.
GAIO é unha ferramenta WEB que presenta tres opcións:
- Tradución de documentos nos formatos máis habituais (DOC, DOCX, PPTX, XLSX, ODT, ODS, ODP, PDF, HTML, XML e TXT).
- Tradución de texto plano introducido no frontal da propia aplicación, cun tamaño máximo de 10.000 caracteres.
- Tradución de páxinas web, que ofrece como resultado unha páxina a través da que podemos navegar.
Nos tres casos é posible seleccionar que o programa marque ou non con asterisco as palabras descoñecidas.
Tradución vía correo electrónico
Pode obter traducións automáticas de documentos a través do correo electrónico. Envíe desde unha conta corporativa como anexo o documento a traducir (nos formatos indicados arriba e cun tamaño máximo de 15 MB) e recibirá no seu correo o documento traducido. Na tradución por correo electrónico non se marcan con asterisco as palabras descoñecidas. Os enderezos de envío son:
- Galego-castelán: traducion.gl-es@xunta.gal
- Castelán-galego: traducion.es-gl@xunta.gal
- Galego-portugués: traducion.gl-pt@xunta.gal
- Portugués-galego: traducion.pt-gl@xunta.gal
Consellos para obter mellores resultados na tradución:
- Antes de traducir, revisar o texto orixinal ou pásarlle un corrector para identificar erros ortográficos ou estranxeirismos pouco comúns.
- Empregar frases curtas e simples nos textos.
- Coidar a puntuación e a sintaxe.
- Evitar expresións coloquiais.
- Revisar sempre o resultado da tradución para localizar erros e mellorar o texto.
Complementos (plugins)
Desde o apartado “Descargas” existente en GAIO é posible obter complementos para a integración de Gaio nos navegadores Chrome e Firefox, en ambos casos en contornos de Windows ou Linux, e para o procesador de textos Microsoft Word. Estes plugins permiten facer traducións de páxinas web desde o propio navegador e traducións de textos sen saír do procesador. Nese mesmo apartado de “Descargas” atópanse manuais para a instalación dos complementos.
Axuda, preguntas frecuentes e suxestións.
O portal de Gaio conta cunha páxina de “Preguntas frecuentes”, na que se resolven as dúbidas máis habituais, e un manual na sección “Axuda”. Se a persoa usuaria localiza traducións incorrectas ou mellorables, pode suxerir a súa modificación a través do formulario de “Suxestións”.
Integración do servizo Gaio coas plataformas de entidades locais.
As entidades locais poden solicitar a integración das súas plataformas cos servizos web de tradución de GAIO, solicitándoo previamente mediante unha solicitude dirixida ao CAU dispoñible nesta mesma páxina no apartado "Contido relacionado".
Para dispoñer deste servizo unha entidade local debe estar adherida ao Convenio Administración dixital Xunta-Fegamp
As entidades locais poden solicitar a integración das súas plataformas cos servizos web de tradución de GAIO, solicitándoo previamente mediante unha solicitude dirixida ao CAU (Cau-periferico@xunta.gal) dispoñible nesta mesma páxina no apartado "Contido relacionado".
| Formato | Nombre | Descripción |
|---|---|---|
| Solicitude de integración de servizos web de tradución GAIO | Solicitude de alta e de baixa de integración de servizos web de tradución GAIO por parte d... | |
| Guía de integración de servizo GAIO para entidades locais. | Guía de integración de servizo GAIO para entidades locais. |
| Tipo de servicio | Nombre servicio | Convenio eAdmon | Modalidad solicitud |
|---|---|---|---|
| | Dicionario xurídico galego | | En línea |
| | Toponimia oficial - Nomenclátor de Galicia | | En línea |
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo, pode contactar co CAU a través do teléfono 881995300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo pode contactar coa Oficina eConcellos a través do teléfono 981957595 ou no correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal
20/11/2025
Xunta de Galicia / Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/ Secretaría xeral de Politica Lingüística Xunta de Galicia/Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Interacción entre Administraciones
Entidades locales
Portal web, Aplicación consumidora
Gratuíto
Convenio eAdministración, Convenio administración dixital Xunta-Fegamp (2025)
