Servizos ciberseguridade, seguridade da información e protección de datos persoais
A transformación dixital das administracións públicas implica afrontar unha elevada complexidade tanto no ámbito normativo como no técnico en materia de seguridade da información. Ademais, as Administracións Públicas, tanto autonómicas como locais, afrontan cada día novos e maiores riscos no ámbito da ciberseguridade. Neste contexto, a Xunta de Galicia, a través da Amtega, manifesta a súa vontade de colaborar co conxunto das entidades locais para facer fronte a estes desafíos.
Por iso pon a disposición das entidades locais un catálogo de servizos no eido da ciberseguridade, seguridade da información e a protección de datos persoais.
Dentro do catálogo de servizos que a Xunta, a través da Amtega, pon a disposición das entidades locais, atópanse os seguintes:
- Servizos e ferramentas de monitorización:
- Servicio de visibilidade do nivel de ciberseguridade das organizacións.
- Monitorización, análise e xestión continua de vulnerabilidades.
- Servizo de vixilancia dixital ou ciberintelixencia no ámbito da seguridade TIC.
- Servizo de xestión de eventos e información de seguridade; monitorización de eventos e xestión de incidentes de seguridade.
- Auditorías técnicas.
- Auditorías normativas.
- Formación, concienciación e talento.
- Actividades de formación, concienciación e talento, vídeos formativos e actividades para a promoción e retención do talento.
- Organización de eventos en materia de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais.
- Ciberexercicios como adestramento en materia de ciberseguridade.
- Resposta especializada ante incidentes 24x7.
- Difusión e apoio na implantación de ferramentas de ciberseguridade do CCN:
- Trillion: exposición de credenciais.
- microClaudia: ferramenta antiransomware.
- LUCIA: notificación de incidentes.
- Consultoría de alta especialización.
Pódese ver máis detalle destes servizos na páxina: https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/que-servizos-ofrece-csirtgal
REQUISITOS PREVIOS
Para poder solicitar calquera destes servizos unha entidade local debe cumprir o requisito de estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento dunha Administración dixital".
SOLICITUDE DUN SERVIZO
Para solicitar algún destes servizos as entidades locais galegas poden dirixirse aos seguintes contactos:
- 1. As entidades locais de máis de 20.000 habitantes directamente ao CAU da Xunta a través do tel. 881 995 300 ou do correo cau-periferico@xunta.gal.
- 2. As entidades locais de menos de 20.000 habitantes (para as que, en principio, actualmente só están dispoñibles os servizos de resposta especializada ante incidentes 24x7 e o apoio na implantación da ferramenta do CCN Trillion), a través da súa Deputación provincial:
- Deputación de A Coruña: soporte.cau@dacoruna.gal – Tel. 981415555
- Deputación de Lugo: ciberseguridade@deputacionlugo.org – Tel. 982260001
- Deputación de Ourense: atga_in@depourense.gal – Tel. 988317700
- Deputación de Pontevedra: cau@depo.es – Tel. 886210210
Para calquera dúbida ou incidencia relacionada con estes servizos as entidades locais galegas poden dirixirse aos seguintes contactos:
- 1. As entidades locais de máis de 20.000 habitantes directamente ao CAU da Xunta a través do Tel. 881 995 300 ou do correo cau-periferico@xunta.gal.
- 2. As entidades locais de menos de 20.000 habitantes, a través da súa Deputación provincial:
- Deputación de A Coruña: soporte.cau@dacoruna.gal - Tel. 981415555
- Deputación de Lugo: ciberseguridade@deputacionlugo.org – Tel. 982260001
- Deputación de Ourense: atga_in@depourense.gal – Tel. 988317700
- Deputación de Pontevedra: cau@depo.es – Tel. 886210210
20/04/2026
Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Entidades locais de máis de 20.000 habitantes: CAU da Xunta a través do teléfono 881 995 300 ou do correo cau-periferico@xunta.gal. De menos de 20.000 habitantes, a través da súa Deputación provincial.
Gestión interna EELL
Entidades locales
No aplica
Gratuíto
Convenio eAdministración, Convenio administración dixital Xunta-Fegamp (2025)
