Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
Xestión de ips e accesos a internet dos equipos dunha entidade local integrados ou a integra na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
Os datos de conexión e tráfico serán monitorizados e gardarase un rexistro durante o tempo que establece a normativa vixente en cada suposto. En ningún caso esta retención de datos afectará o segredo das comunicacións.
As conexións a sitios web que conteñan material ofensivo ou software malicioso poderán ser bloqueadas.
REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO AO SERVIZO
Todo PC ou servidor a integrar na Rede Corporativa da Xunta de Galicia debe contar cun antivirus. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia reservarase a facultade de non proporcionar, ou inhabilitar posteriormente, o acceso solicitado se non está o equipo debidamente protexido.
SOLICITUDE DO SERVIZO
Para solicitar unha dirección IP con acceso a internet da Rede Corporativa da Xunta de Galicia deberá remitir ao Cau periférico (cau-periferico@xunta.gal) cumprimentado e asinado electrónicamente o modelo de solicitude disponible na solapa “Contido relacionado” accesible dende esta mesma páxina na área privada de EidoLocal.
| Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
|---|---|---|---|
| | Acceso á Rede SARA e aos seus servizos | | Correo electrónico |
| | Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia | | Correo electrónico |
| | Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... | | Correo electrónico |
| | Conexión remota á Rede da Xunta de Galicia e a sistemas de EE.LL. integrados na RCXG (VPN) | | Correo electrónico |
| | Conexión WiFi á Rede Corporativa da Xunta de Galicia | | Fax , Correo electrónico |
| | Correo electrónico-Eidolocal | | Correo electrónico |
| | Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia | | Correo electrónico |
| | Rexistro de nomes de dominio | | Correo electrónico , Fax |
Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
03/02/2025
Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Xestión interna EELL
Entidades locais
Non aplica
Gratuíto
Convenio eAdministración
