A partires do 1 de xaneiro do 2016 os profesionais da Xustiza e órganos xudiciais estarán obrigados a empregar os sistemas existentes (LexNet) na Administración de Xustiza para a presentación de escritos e documentos, e a realización de actos de comunicación procesual. Lexnet é unha plataforma de intercambio seguro de información entre os órganos xudiciais e os operadores xurídicos que, no seu traballo diario, necesitan intercambiar documentos xudiciais. https://lexnet.justicia.es As Administracións locais están dentro dos colectivos afectados, polo que deben cumprir cos requisitos que se indican de seguido para relacionarse de xeito telemático cos órganos xudiciais.

Requisitos previos para comezar coas comunicacións telemáticas:

  • Ter preparados os equipos informáticos que vaian utilizar os usuarios LexNet (*).
  • Dispoñer de tarxetas criptográficas cun certificado electrónico recoñecido por Industria e aceptado por LexNet (*).
  • Dotar aos usuarios de escáneres para os casos onde non vaian traballar con documentos electrónicos na súa orixe, e polo tanto deban dixitalizar documentos en formato papel. Estes escáneres deben contar coa funcionalidade de Recoñecemento Óptico de Caracteres (OCR) para que os documentos que se remitan aos Órganos Xudiciais permitan a realización de buscas por contido; tamén deberán estar configurados cunha resolución de 200 puntos por polgada e en branco e negro.

    Software:

  • Navegadores:
    • Internet Explorer 6,7,8,9,10 ou 11 
    • Mozilla Firefox (versión anterior á 52)
    • Google Chrome (versión anterior á 42)

(*) A información detallada de configuración dos postos de traballo e especificacións de certificados electrónicos pódese consultar en http://infolexnet.justicia.es na sección de documentación e preguntas frecuentes.

Solicitude de creación das caixas LexNet:

Para que o Ministerio de Xustiza proceda á alta dun novo colectivo é necesario que se faga baixo petición do mesmo, e para isto deben dirixir unha comunicación mediante correo electrónico á conta cau-periferico@xunta.gal onde recibirán as instrucións precisas para realizar este trámite. Tamén poden contactar co CAU no teléfono 881 995300  para aclarar calquera dúbida sobre o proceso de tramitación das altas.Para o resto de incidencias ou dúbidas pode acudir a https://www.administraciondejusticia.gob.es/lexnet/contacto

Listado de organos e colectivos habilitados en Galicia

 

Data modificación

22/09/2023

Proveedor/Responsable do servizo

Ministerio de Justicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administracións

Beneficiario

Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos

Modo de consumo

Aplicación consumidora

Tipo de financiación

Gratuíto