Plataforma de Intermediación pasaXe!

No dispone del permiso

PasaXe! é a iniciativa que a Xunta de Galicia leva a cabo para convertirse no nodo de Intermediación das AAPP galegas, e ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionar aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

Más información

Como obter o acceso á Plataforma de Intermediación pasaXe!?

As entidades locais que desexen obter acceso aos servizos deberán:

  • Estar integrados na Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG).
  • Ser unha entidade local adherida ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica”.

Será preciso nomear a un usuario administrador, que será o encargado de xestionar os permisos de acceso para os usuarios do seu organismo que precisen realizar consultas en pasaXe!.

Como implantar pasaXe! na miña entidade?

Para o proceso de implantación da plataforma pasaXe! nas Entidades Locais galegas, ponse a disposición destas unha Guía de axuda á implantación de pasaXe! nas Entidades Locais, que recolle os pasos básicos para a utilización de pasaXe!, adaptada para a utilización de calquera EELL independentemente do grao de implantación de administración electrónica de partida.

Cales son os servizos de Intermediación dispoñibles a través de pasaXe!?

A descrición completa de todos os servizos de interoperabilidade dispoñibles ea través do Nodo de Intermediación da Xunta de Galicia, pasaXe!, atópase no Catálogo de servizos.

A continuación amósase, organizada por organismo cedente, a lista de servizos de interoperabilidade dispoñibles, destacando en cor vermella os útlimos engadidos:

Xunta de Galicia:

Xunta de Galicia
 Título de familia numerosa autonómico
 Título de familia numerosa
 Certificado de discapacidade
 Consulta de permisos de explotación marisqueira (Permex)
 Certificado de percepcións daRenda de Integración Social de Galicia a Data Concreta

Administración Xeral do Estado:

Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación
 Consulta de Firmas para Legalización Diplomática de Documentos públicos estranxeiros
Ministerio de Educación
 Verificación de títulos oficiais universitarios
 Verificación de títulos oficiais non universitarios
 Consulta de condición de bolseira/o
Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
 Consulta de datos de residencia legal de persoas estranxeiras
 Consulta de estar inscrito no Rexistro Central de Persoal
Ministerio de Xustiza
 Certificado de nacemento
 Certificado de matrimonio
 Certificado de defunción
 Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais
 Consulta de inexistencia de antecedentes penais
Axencia Estatal de Administración Tributaria (dispoñible só para aplicacións cliente)
 Certificado da Renda (IRPF)
 Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións
 Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a contratación coas administracións públicas
 Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a obtención de licenzas de transporte
 Certificado de domicilio fiscal
 Imposto de Actividades Económicas (IAE)
 Validación de NIF de persoas xurídicas
 Nivel de renda
Estar ao corrente de Obrigacións Tributarias con AEAT para Permisos de Residencia e Traballo para Extranxeiros
Estar ao corrente de obrigacións tributarias (xenérico)
Pensións públicas exentas
Dirección Xeral da Policía
 Consulta de datos de identidade de persoas físicas
Dirección Xeral do Catastro
 Datos catastrais
 Certificación de titularidade
 Consulta de bens inmobles
 Obtención de certificacion descritiva e gráfica de inmobles
Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso)
 Consulta de grao e nivel de dependencia
Instituto Nacional da Seguridade Social
 Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade
Consulta do Histórico de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade
Instituto Nacional de Estatística
 Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal (só para residentes en Galicia)
 Consulta de datos padroais
Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface)
Certificado individual de abonos de servizos
Certificado de afiliación
Consulta de datos de abonos
Consulta de datos de afiliación
Consulta de datos de prestacións de pago único
Certificado de prestacións de pago único
Servizo Público de Emprego Estatal
 Situación actual de desemprego
 Importes de prestación de desemprego percibidos a data actual
 Importes de prestación de desemprego percibidos nun período
 Estar inscrito como demandante de emprego a data actual
 Estar inscrito como demandante de emprego a data concreta
Tesourería Xeral da Seguridade Social
 Estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social
 Alta na Seguridade Social a data concreta
Novo! Consulta de Vida laboral dos últimos 12 meses
Servizos da Intervención General de la Administración del Estado (IGAE)
Consulta de Inhabilitación para Obter Subevencións e Axudas
Consulta de Concesións pola regra MINIMIS
Consulta de Concesións de subvencións e axudas
Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (dispoñible só para aplicaións cliente)
Descarga completa do rexistro de interdiccións ao xogo
Descarga parcial do rexistro de interdiccións ao xogo
Rexistro de alta no rexistro de interdiccións ao xogo
Rexistro de baixa no rexistro de interdiccións ao xogo
Rexistro de modificación no rexistro de interdiccións ao xogo
Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE)
Consulta de datos de matrícula universitaria
Instituto Cervantes
Consulta de cualificacións para probas CCSE e DELE

Outras Comunidades Autónomas: 

Axencia Tributaria Navarra
 Consulta de datos sobre imposto de Actividades Económicas de Navarra

 

Fecha modificación

22/10/2019

Proveedor/Responsable del servicio

Amtega

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Gestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locales, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as

Modo de consumo

Portal web, Aplicación consumidora

Tipo de financiación

Gratuíto

Convenios

Convenio PMSBAE Convenio eAdministración

Datos contacto suscrición

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Requisitos mínimos

O ordenador debe estar integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG). Para o acceso ao sistema será preciso a utilización dun certificado dixital de persoa física ou empregado público emitido pola FNMT, Camerfirma ou DNI electrónico. No caso de empregar un certificado dixital en formato hardware, é necesario o uso dun lector de certificados dixitais. O navegador recomendado é Mozilla Firefox versión ESR 38.7.1 aínda que tamén será posible o uso dos navegadores adicionais Chrome versión 46.0.2490.80 m e Internet Explorer versión 11. Ter instalado Acrobat Reader ou equivalente.

Descrición proceso

Para facilitar o proceso completo de subscrición e utilización da plataforma pasaXe! ponse a disposición das EELL a Guía de axuda á implantación de pasaXe! nas Entidades Locais, dispoñible na parte superior desta páxina do servizo.

Identificador Formato Nombre Descripción
30460 Documento Guía axuda implantación pasaXe! EELL Guía axuda á implantación da plataforma de intermediación pasaXe! nas entidades locais