Data: 03/04/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Vicepresidencia da Xunta convoca as subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de GaliciaPor medio desta convocatoria reagúlanse as subvencións destinadas á execución de infraestruturas de uso público por parte dos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos
Data: 04/04/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | A EGAP convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia No marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2014
Data: 07/04/2014 | Fonte: Xunta | A plataforma web ‘Regape’ permite compartir información actualizada das emerxencias e mellorar a súa coordinaciónO director xeral de Emerxencias e Interior participou nunha sesión informativa a concellos sobre o emprego do Rexistro Galego de Plans de Emerxencia, Regape, unha ferramenta que facilita a coordinación e integración de plans de emerxencia en todo Galicia
Data: 07/04/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense | A Deputación de Ourense fai público o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos MunicipaisAprobación definitiva do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial da Deputación de Ourense no ano 2014
Data: 09/04/2014 | Fonte: Deputación de Lugo | Nova convocatoria de 366 prazas gratuítas para 30 cursos de formación en TICs para maioresEstes cursos e obradoiros organizados pola Fundación TIC ofrecerán 312 horas de formación gratuíta no Centro de Innovación Social InLugo e noutros Concellos da provincia a partires do 21 de abril
Data: 09/04/2014 | Fonte: Portal de Administración Electrónica | A Axencia de avaliación e calidade (AEVAL) publica o Informe de Percepción da Calidade dos Servizos PúblicosNeste informe estúdase, entre outros aspectos, a percepción dos cidadáns con respecto á administración electrónica, a súa satisfacción e preferencia nas canles de uso
Data: 10/04/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística dá publicidade ao Plan de inspección urbanística para o ano 2014A APLU centrará o Plan de inspección para este ano en accións que eviten obras sen licenzas e na colaboración cos concellos co fin de velar polo cumprimento da normativa urbanística
Data: 11/04/2014 | Fonte: Deputación de Pontevedra | O comercio da provincia de Pontevedra aposta polas Novas Tecnoloxías e a modernización para gañar en dinamismo e atraer clientes.O comercio da provincia está facendo unha forte aposta pola adaptación ás novas tendencias do mercado e ás características particulares do consumidor do século XXI
Data: 14/04/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | O novo portal da AMTEGA facilita a difusión das iniciativas tecnolóxicas da Xunta dun xeito máis intuitivoA web ofrece unha maior integración entre os contidos do portal e os das redes sociais da Axencia coa incorporación na portada do blog Xente Dixital
Data: 14/04/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | A Consellería de Cultura convoca subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega Estas axudas están destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega