Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 20/10/2014 Boletín de novas 1ª quincena de outubro
Contidos destacados
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Dirección Xeral de Administración Local publica as axudas concedidas a concellos para a execución de infraestruturas de uso público A Dirección Xeral de Administración Local ven de facer pública no DOG a resolución das axudas concedidas para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Dirección Xeral de Administración Local fai públicas as subvencións concedidas a EELL con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental As subvencións destináronse a financiar a realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural
Contidos boletín
Nova Data: 01/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Ampliación do prazo de xustificación das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos Os concellos beneficiarios terán de prazo para presentar ata o 1 de decembro de 2014 a documentación xustificativa
Nova Data: 02/10/2014 | Fonte: INAP | Valoración:0 de 5 As transferencias do Estado ás entidades locais nos Presuposto Xerais do Estado aumentan nun 2% Dese total, a cifra correspondente ao sistema de financiamento local é de 15.850,98 millóns, é dicir, un 1,9 por cento máis que o ano pasado.
Nova Data: 02/10/2014 | Fonte: Concello de Santiago | Valoración:5 de 5 O Concello de Santiago modernizarase para fortalecer a administración electrónica local Agustín Hernández aludiu ao proceso de modernización que levará a cabo en Santiago coa posta en marcha de novas aplicacións para móbiles, así como o funcionamento de trámites fundamentais como a factura electrónica e a licitación electrónica
Nova Data: 03/10/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 Os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros para a mellora dos seu camiños Feijóo destaca un incremento de máis do 82% dos fondos aos concellos para a mellora dos seus camiños co obxectivo de fomentar a implantación e dotación dos servizos no rural
Nova Data: 03/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Consellería de Cultura convoca as subvencións a concellos para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais A finalidade é posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co fin de dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Dirección Xeral de Administración Local publica as axudas concedidas a concellos para a execución de infraestruturas de uso público A Dirección Xeral de Administración Local ven de facer pública no DOG a resolución das axudas concedidas para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Dirección Xeral de Administración Local fai públicas as subvencións concedidas a EELL con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental As subvencións destináronse a financiar a realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Valoración:0 de 5 Creación e delegación da xestión e administración da sede electrónica de Muros O Pleno do Concello de Muross, adoptou o acordo de creación dá sede electrónica , cumplindo así a Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos
Nova Data: 10/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Secretaría Xeral de Igualdade fai públicas as subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade As axudas destinaránse a Programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, Programas de fomento da conciliación e Programas de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM)
Nova Data: 13/10/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Aprobado o escudo do Concello de Redondela e o escudo e bandeira do Concello da Estrada Os Concellos de Redondela e da Estrada consideraron conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas de heráldica
Nova Data: 14/10/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra | Valoración:0 de 5 Publicado o Calendario Laboral da provincia de Pontevedra para o ano 2015 A Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Pontevedra, o calendario laboral para o ano 2015, cos festivos de carácter xeral e coas festas de ámbito local a proposta do Pleno dos respectivos concellos
Nova Data: 15/10/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Lugo | Valoración:0 de 5 Publicado o Calendario Laboral da provincia de Lugo para o ano 2015 A Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Lugo, o calendario laboral para o ano 2015, cos festivos de carácter xeral e coas festas de ámbito local a proposta do Pleno dos respectivos concellos
Enviar