Data: 16/12/2014Boletín de novas 1ª quincena de decembro
Contidos destacados
Data: 01/12/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Convocadas as axudas do Fondo de Compensación Ambiental dirixidas ás entidades locais de Galicia no 2015 A Dirección Xeral de Administración local ven de publicar a orde que regula os criterios de reparto e as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental, destinadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego
Data: 10/12/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta de Galicia abre un proceso de consulta a concellos e deputacións provinciais para realizar un estudo da demanda de banda larga ultrarrápida nos termos municipais. Esta consulta forma parte do estudo da oferta e demanda de servizos de banda larga ultrarrápida que está a realizar a Amtega en liña cos obxectivos marcados pola Axenda Dixital de Europa no horizonte 2020.
Contidos boletín
Data: 01/12/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Amtega publica en formatos abertos os materiais formativos para a obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimáticaA publicación destes contidos permite achegar novas formas de formación á cidadanía e que outros centros ou entidades formativas os poidan empregar
Data: 01/12/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Convocadas as axudas do Fondo de Compensación Ambiental dirixidas ás entidades locais de Galicia no 2015A Dirección Xeral de Administración local ven de publicar a orde que regula os criterios de reparto e as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental, destinadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego
Data: 02/12/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Aprobación das bases reguladoras do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015O presente “Plan de aforro e investimento (PAI) 2015“ é un Plan da Deputación provincial da Coruña destinado aos 93 concellos da provincia que previsiblemente vaise financiar cunha achega provincial por importe de 25.000.000,00 €
Data: 04/12/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Lugo | Publicada no DOG a resolución de corrección de erros do calendario laboral do ano 2015 para a Provincia de LugoO concello de O Páramo advertiu que se cometeu un erro nas datas do calenadrio polo que solicitou a modificación do mesmo, pasando a “feira da primavera” do día 20 ao 10 de xuño
Data: 04/12/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | O INAP convocan diferentes acción formativas en materia de administración electrónicaConcretamente unha convocatoria que inclúe accións formativas en materia de tecnoloxías da información e comunicacións para o primeiro semestre de 2015, e outra con accións formativas en materia de seguridade das tecnoloxías da información e comunicacións.
Data: 09/12/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios Coopera Galicia Entidades LocaisEstes premios tratan de impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal, mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas
Data: 10/12/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta de Galicia publica a aplicación da plataforma de contratos de Galicia para dispositivos móvilesEstá dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS e pode empregarse tanto en galego como en castelán
Data: 10/12/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense | Publicada a corrección de erros do calendario laboral do ano 2015 para a Provincia de OurenseO concello do Bolo, na provincia de Ourense, advertiu que se cometeu un erro nas datas do calenadrio polo que solicitou a modificación do mesmo
Data: 10/12/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta de Galicia abre un proceso de consulta a concellos e deputacións provinciais para realizar un estudo da demanda de banda larga ultrarrápida nos termos municipais.Esta consulta forma parte do estudo da oferta e demanda de servizos de banda larga ultrarrápida que está a realizar a Amtega en liña cos obxectivos marcados pola Axenda Dixital de Europa no horizonte 2020.
Data: 11/12/2014 | Fonte: Deputación de Lugo | Máis de 130 dinamizadores impulsarán o uso das novas tecnoloxías por toda a provincia 57 traballadores ofrecerán asesoramento e 576 cursos de formación nos 48 Concellos que decidiron sumarse ao programa InnovaTE da Deputación de Lugo
Data: 12/12/2014 | Fonte: Deputación da Coruña | Os Concellos de Carral, Porto do Son e Muros estrean e xa dispoñen de sede electrónica municipal operativaA sede electrónica permite a cidadanía obter información de diferentes trámites administrativos, descargar impresos, e rexistrar as solicitudes directamente a calquera hora, sen ter que achegarse persoalmente aos concellos
Data: 12/12/2014 | Fonte: FEGAMP | Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia, Consellería de Sanidade e Fegamp para a realización de programas de atención e protección da saúdeA través deste convenio xestiónanse os programas de axudas a Unidades Asistenciais de drogodependencias UADS a través do concellos que dispoñan destas unidades e se adhiran ao citado convenio
Data: 15/12/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Ampliación e corrección da convocatoria do concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacionalAdvertida a necesidade de ampliar a convocatoria do concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a FHN , inclúense novos postos ante as peticións efectuadas polas entidades locais