Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 20/01/2015 Boletín de novas 1ª quincena de xaneiro
Contidos destacados
Nova Data: 05/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Amtega convocará en 2015 preto de 1.000 prazas de formación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática O CODIX, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada
Nova Data: 12/01/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria das axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. As axudas e subvencións están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.
Contidos boletín
Nova Data: 05/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Amtega convocará en 2015 preto de 1.000 prazas de formación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática O CODIX, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada
Nova Data: 05/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Xunta colabora cos Colexios de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local de Pontevedra e A Coruña A Xunta, a través da Vicepresidencia , vén de asinar dous convenios de colaboración cos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña e Pontevedra
Nova Data: 07/01/2015 | Fonte: BOP Ourense | Valoración:0 de 5 A Deputación de Ourense aproba as bases reguladoras do Programa Provincial de Asistencia Económica, Técnica e Xurídica aos Concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2015. O obxecto do Programa cínguese á programación detallada das accións de asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos.
Nova Data: 09/01/2015 | Fonte: BOE | Valoración:0 de 5 Convócanse probas selectivas para o acceso á Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. Convócanse probas selectivas para o acceso á subescala de Secretaría, categoría de entrada, Secretaría-Intervención e Intervención-Tesorería, categoría de entrada.
Nova Data: 12/01/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria das axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. As axudas e subvencións están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.
Nova Data: 12/01/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria das subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga. As axudas e subvencións están dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, e a aprobación da súa convocatoria para o ano 2015.
Nova Data: 13/01/2015 | Fonte: BOE | Valoración:0 de 5 O INAP convoca accións formativas de caracter xeral para o primeiro semestre de 2015. O INAP elabora un plan de formación de carácter xeral, no que se integran todas aquelas actividades formativas deseñadas para desenvolver as múltiples competencias vinculadas coa xestión pública, excluíndo aquelas que se consideran específicas de postos directivos, que son obxecto doutro plan independente.
Nova Data: 15/01/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria de subvencións para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. As subvencións están destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2015, no que atinxe á mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais.
Nova Data: 15/01/2015 | Fonte: FEMP | Valoración:0 de 5 As Entidades Locais poderán beneficiarse de descontos de ata o 3,5% na subministración de combustible para calefacción. Grazas á Central de Contratación da FEMP, os Gobernos Locais poderán contratar o combustible para calefacción dos seus edificios e instalacións obtendo importantes aforros.
Nova Data: 15/01/2015 | Fonte: BOP Pontevedra | Valoración:0 de 5 A Deputación de Pontevedra aprobou as bases das axudas básicas de emerxencia para o 2015. O Obxectivo é proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
Nova Data: 15/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 Cultura e Educación e a Fegamp reúnense para abordar o pago polo préstamo público de obras con dereitos de autor. A Consellería coordínase co Ministerio de Educación e Cultura para asesorar as entidades locais titulares de establecementos que ofrecen este servizo
Enviar