Data: 02/05/2014 | Fonte: AMTEGA | Comeza o proceso de implantación da nova aplicación de rexistro AIRES nas entidades locais de Galicia O 13 de maio iniciouse o cambio de aplicación de Rexistro de Entradas e Saídas (Portelo Único) pola nova aplicación de Rexistro (AIRES) iniciándose previamente, o 6 de maio, a formación do persoal das entidades locais sobre esta aplicación
Contidos boletín
Data: 02/05/2014 | Fonte: AMTEGA | Comeza o proceso de implantación da nova aplicación de rexistro AIRES nas entidades locais de GaliciaO 13 de maio iniciouse o cambio de aplicación de Rexistro de Entradas e Saídas (Portelo Único) pola nova aplicación de Rexistro (AIRES) iniciándose previamente, o 6 de maio, a formación do persoal das entidades locais sobre esta aplicación
Data: 06/05/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta reforza a promoción da igualdade nos concellos coa concesión de anticipos de ata o 80 por cento nas axudasA secretaria xeral de Igualdade explicou hoxe en rolda de prensa a convocatoria 2014 de axudas e subvencións para a promoción da igualdade nas entidades locais galegas
Data: 08/05/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense | Publicado no BOP o Código Ético da Deputación de OurenseO código ten como obxectivo regular as normas éticas de referencia para os cargos electos e o persoal ao servizo da administración e configurar unha ética pública común que evite a mala xestión e sirva para xeneralizar as boas prácticas
Data: 09/05/2014 | Fonte: Deputación da Coruña | Posta en marcha do Portal da Transparencia da Deputacion Provincial da CoruñaO Portal da Transparencia favorece o acceso á información pública, consolidando así os dereitos dos cidadáns ao dotarlles dun sistema de control, coñecemento e vixilancia sobre a súa actividade e a dos seus entes dependentes
Data: 12/05/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Rede Cemit impartirá despois do verán os cursos do Plan Ofimático de Galicia e realizará as probas para obter o certificado CodixO certificado de competencias dixitais en ofimática, que emite a Amtega, acredita a formación neste materia da persoa titular, ante calquera instancia pública ou privada
Data: 12/05/2014 | Fonte: Deputación de Pontevedra | A Deputación de Pontevedra inicia unha nova fase de dixitalización dos fondos documentais de concellos, Museo de pontevedra e ArquivoNa actualidade xa están dixitalizados boa parte dos documentos gráficos, cartográficos, sonoros, audiovisuais e bibliográficos do Arquivo
Data: 13/05/2014 | Fonte: Deputación de Lugo | A Deputación de Lugo rebaixa a débeda outros 2,3 millóns de euros O Goberno de Gómez Besteiro mellora as súas previsións e avanza cara a débeda cero no 2016, deixando atrás os 123 millóns de euros de débeda do 2007
Data: 13/05/2014 | Fonte: FEMP | Convocatoria de axudas FEMP-INJUVE para proxectos de mocidadeAs Entidades Locais teñen ata o 11 de xuño para presentar proxectos ou programas de actuación en materia de Mocidade durante este ano 2014
Data: 14/05/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Modificación das condicións financeiras subscritas con cargo ao mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das EELLA Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, incorpora as modificación das condicións financeiras das operacións de endebedamento subscritas con cargo ao mecanismo de financiamento para o pago aos provedores
Data: 14/05/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Amtega convoca a VII edición do premio ao mellor proxecto de fin de carreira en software libreO premio ten unha dotación económica de 2.250 euros grazas á achega do CIXUG e a asociación universitaria GPUL