Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscríbase aos boletíns
Data: 04/09/2015
Boletín 2ª quincena de agosto
Contidos destacados
Data: 26/08/2015 | Fonte: DOG |
Novos cursos da Academia Galega de Seguridade
Os cursos van dirixidos ao Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia así como ao persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios e aos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) e a os servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Contidos boletín
Data: 18/08/2015 | Fonte: Xunta de Galicia |
Máis de 100 municipios galegos se benefician das axudas de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos do medio rural
Os enclaves onde se intervirá na súa adecuación e sinalización será os espazos naturais, as rotas de sendeirismo, as praias marítimas e fluviais, os bens de interese cultural e os miradoiros
Data: 18/08/2015 | Fonte: Femp |
Convocada a `Folla Verde Europea 2016´
A Comisión Europea lanzou unha nova convocatoria da iniciativa "European Green Leaf (Folla Verde Europea) co fin de recoñecer o compromiso das cidades na mellora do medio ambiente
Data: 19/08/2015 | Fonte: DOG |
Publicada a lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia
Esta lei nace coa a vontade de favorecer unha máis plural e intensa participación da sociedade civil galega no labor de dirección política da Comunidade Autónoma a través do exercicio da potestade lexislativa
Data: 21/08/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia |
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, 3 e 4
Este curso teñen carácter voluntario e gratuíto
Data: 24/08/2015 | Fonte: DOG |
Ampliación dos prazos de execución e xustificación das subvencións de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia
O período de execución das actuacións subvencionadas estará comprendido entre o día 31 de marzo e o 15 de outubro de 2015 e, segundo o disposto no artigo 21.3 das mesmas bases, o período para as entidades locais beneficiarias presentaren a documentación xustificativa dos investimentos, rematará o 31 de outubro de 2015.
Data: 25/08/2015 | Fonte: Deputación de Ourense |
As deputacións de Ourense e Zamora crearán unha rede interprovincial de comunicación e experiencias de xestión
O obxectivo é establecer unha canle de colaboración permanente entre ámbalas dúas institucións nos ámbitos económico, do turismo, servizos aos concellos e medio ambiente.
Data: 26/08/2015 | Fonte: DOG |
Novos cursos da Academia Galega de Seguridade
Os cursos van dirixidos ao Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia así como ao persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios e aos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) e a os servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Data: 28/08/2015 | Fonte: DOG |
Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, e do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
Ábrese a vía para que o Consello, por petición dos órganos competentes, poida emitir informes facultativos que unifiquen os criterios que permiten levantar os reparos que no ámbito da Administración local e en materia económico-financeira se poidan presentar.
Data: 31/08/2015 | Fonte: DOG |
Amplíase a dotación orzamentaria para a concesión das axudas a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.
O importe da orde, tras esta ampliación, pasará a ser de 96.420 euros con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015, e de 80.000 para 2016, polo que a contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende á cantidade de 176.420 euros.
Data: 31/08/2015 | Fonte: INAP |
O Supremo rexeita que se prohiba ao público gravar as sesións dos plenos municipais
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo rexeitou que se prohiba gravar o público as sesións dos plenos municipais ao considerar que impedir aos asistentes rexistralas podería constituír unha censura previa
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaxe