Data: 02/10/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta aproba o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 co fin de que todos os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións O novo Plan busca garantir a máxima calidade do acceso á banda larga, asumindo os compromisos de dar cobertura de cando menos 30 megas para a práctica totalidade da poboación, así como servizos de banda larga por riba dos 100 megas para os núcleos de poboación de máis de 500 habitantes
Contidos boletín
Data: 02/10/2015 | Fonte: BOE | Publicada a Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións PúblicasEsta lei ten por obxecto acadar unha nova regulación que reforce a participación cidadá, a seguridade xurídica e a revisión do ordenamento
Data: 02/10/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta aproba o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 co fin de que todos os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicaciónsO novo Plan busca garantir a máxima calidade do acceso á banda larga, asumindo os compromisos de dar cobertura de cando menos 30 megas para a práctica totalidade da poboación, así como servizos de banda larga por riba dos 100 megas para os núcleos de poboación de máis de 500 habitantes
Data: 02/10/2015 | Fonte: INAP | Novo Portal de Contratación CentralizadaA Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación (DGRCC), dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, puxo en marcha o novo Portal de Contratación Centralizada, no que se poden consultar todos os contratos centralizados do Estado, xestionados pola DGRCC.
Data: 02/10/2015 | Fonte: BOE | Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector PúblicoA presente Lei responde o segundo dos eixos citados, e abarca, por unha banda, a lexislación básica sobre réxime xurídico administrativo, aplicable a todas as Administracións Públicas; e por outro, o réxime xurídico específico da Administración Xeral do Estado, onde se inclúe tanto a chamada Administración institucional, como a Administración periférica do Estado
Data: 05/10/2015 | Fonte: Deputación de Pontevedra | Carmela Silva destaca a posta en marcha do Servizo de Emprego da Deputación de PontevedraA presidenta informou da ampliación das axudas ós concellos para manter o programa de axuda no fogar
Data: 09/10/2015 | Fonte: Deputación da Coruña | O POS e o PAS da Deputación repartirán 57,2 millóns de euros con criterios obxectivos entre os concellos da provinciaO pleno da Deputación da Coruña aprobou o Plan de cooperación ás obras e servizos municipais (POS 2016) e o novo Plan de acción social (PAS- 2015), presentado recentemente polo Goberno provincial, que repartirán con criterios obxectivos 57,2 millóns de euros entre os 93 concellos coruñeses
Data: 13/10/2015 | Fonte: DOG | Probas para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimáticaA AMTEGA publica a resolución do 1 de outubro de 2015 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática
Data: 14/10/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta incrementa nun 35% as axudas aos concellos galegos para a promoción da igualdade en 2015As axudas son para os programas de fomento da conciliación familiar, prevención e tratamento da violencia de xénero e apoio aos CIM
Data: 15/10/2015 | Fonte: BOE | O INAP convoca os Premios á Calidade na Formación para o Emprego das Administracións PúblicasA convocatoria ten por finalidade o fomento da mellora da calidade dos materiais didácticos utilizados no ámbito de accións formativas realizadas dentro do Sistema de Formación para o Emprego das Administracións Públicas
Data: 15/10/2015 | Fonte: Deputación de Ourense | A Deputación de Ourense e a Xunta acordan dinamizar os camiños de Santiago da provincia de OurenseO vindeiro 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta