Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscríbase aos boletíns
Data: 01/12/2015
Boletín 2ª quincena de novembro
Contidos boletín
Data: 17/11/2015 | Fonte: BOE |
1ª convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado
Orde HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020.
Data: 18/11/2015 | Fonte: Bop da Coruña |
A Deputación da Coruña ven de facer públicas distintas convocatorias de axudas dirixidas as entidade locais da provincia no 2016
Fanse públicas as bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016
Data: 18/11/2015 | Fonte: BOE |
Convocado o concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Resolución do 27 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Data: 20/11/2015 | Fonte: DOG |
Convocatoria de axudas a entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2015
Esta orde ten por finalidade convocar as axudas e subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno local
Data: 23/11/2015 | Fonte: BOE |
Recoméndase un novo formato normalizado da Conta Xeral das Entidades Locais en soporte informático para a súa rendición.
A presente Resolución da Intervención Xeral da Administración do Estado recomenda ás Institucións de control externo un formato normalizado para a Conta Xeral das entidades locais, que dea continuidade á homoxeneización na rendición de contas por parte destas e siga facilitando a rendición das contas por medios electrónicos, informáticos e telemáticos
Data: 25/11/2015 | Fonte: Deputación de Pontevedra |
Novo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra distribuído comarcas
A Deputación de Pontevedra deulles información aos 60 concellos da provincia de Pontevedra e aos seus cidadáns de cada un dos proxectos en marcha e, en consecuencia, da posta en funcionamento do Plan Concellos 2016, o novo plan que incrementa en 16 millóns de euros os fondos que recibirán todos os municipios da provincia de Pontevedra con respecto ao pasado ano
Data: 26/11/2015 | Fonte: Deputación da Coruña |
52 Portais de Transparencia sobre a Plataforma de Administración Electrónica Municipal da Deputación da Coruña
Son xa 52 os concellos que ofrecen aos seus cidadáns un Portal de Transparencia con información Institucional, Organizativa, Económica e Xurídica para dar cumprimento á Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Data: 26/11/2015 | Fonte: Xunta de Galicia |
Os concellos poderán expropiar espazo para a instalación de ascensores co fin de facilitar a accesibilidade das vivendas
Vázquez explica que esta modificación da Lei de Vivenda, recollida na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, mellorará a calidade de vida de moitos galegos con mobilidade reducida
Data: 27/11/2015 | Fonte: Deputación de Ourense |
Unha xornada formativa da a coñecer aos concellos de Ourense novas ferramentas de xestión de pago a provedores
Deputación de Ourense e Abanca organizan este seminario cuxo obxectivo é facilitar á administración local o cumprimento dos prazos de pago establecidos pola lei e tamén proporcionar aos provedores un medio para axilizar o cobro de facturas.
Data: 27/11/2015 | Fonte: PAE |
Entra en funcionamento ARQUIVE, a aplicación de arquivo definitivo de documentación electrónica
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas pon a disposición das Administracións Públicas ARQUIVE, un servizo de arquivo definitivo de documentos e expedientes electrónicos compatible cos requisitos do Esquema Nacional de Interoperabilidade
Data: 30/11/2015 | Fonte: BOP de Ourense |
Bases reguladoras da convocatoria de subvencións a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas
Poderán ser beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria os concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes
Data: 30/11/2015 | Fonte: BOE |
Axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas, e para a implantación de puntos de recarga de vehículos eléctricos en 2016, MOVEA
Real Decreto 15/2016, do 15 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 1078/2015, do 27 de novembro, polo que se regula a concesión directa de axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas, e para a implantación de puntos de recarga de vehículos eléctricos en 2016, MOVEA
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaxe