Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 20/01/2016 Boletín de Axudas EELL
Contidos destacados
Nova Data: 28/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016 O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial
Nova Data: 29/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Contidos boletín
Nova Data: 28/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016 O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial
Nova Data: 29/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Nova Data: 29/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica
Nova Data: 30/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais A Consellería de economía emprego e industria convoca estas axudas co obxecto de subvencionar accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (procedemento TR351A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral
Nova Data: 30/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións dirixidas a EELL para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social A Consellería de Economía convoca estas axudas e subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, e a aprobación da súa convocatoria para o ano 2016
Nova Data: 30/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións á EELL para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia Subvencións á EELL para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia ...
Nova Data: 30/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación Os obradoiros de emprego configúranse como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo
Nova Data: 30/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (Fondos Feader) A Consellería de Medio Rural establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016
Nova Data: 31/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no 2016 ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016
Nova Data: 31/12/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación dirixidos as persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Nova Data: 04/01/2016 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de galicia para o ano 2016 Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN519B)
Nova Data: 04/01/2016 | Fonte: BOE | Valoración:0 de 5 Convocadas as subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria das entidades locais Resolución de 29 de decembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se convocan subvencións por danos en infraestructuras municipais e rede viaria das entidades locais previstas no Real Decreto-lei 2/2015, de 6 de marzo
Nova Data: 05/01/2016 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocadas as subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016 Resolución pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020
Nova Data: 05/01/2016 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais (Fondos Feader) ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016
Enviar