Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscríbase aos boletíns
Data: 24/10/2016
Boletín: 1ª quincena de outubro
Contidos destacados
Data: 14/10/2016 | Fonte: AEPD |
A AEPD publica unha guía sobre a reutilización de datos no sector público
A Axencia Española de Protección de Datos anunciou a dispoñibilidade de dous documentos de orientación sobre protección, reutilización e anonimización de datos persoais dirixidos ás administracións públicas
Contidos boletín
Data: 03/10/2016 | Fonte: AMTEGA |
Oito de cada dez concellos galegos empregan Software Libre
Case a metade dos concellos galegos, que contan cun xestor de contidos de portais e páxinas web, empregan a modalidade de software libre
Data: 03/10/2016 | Fonte: DOG |
Decreto polo que se establecen os requisitos dos CIM e o procedemento para o seu recoñecemento e acreditación
Este decreto configura os CIM como un conxunto de recursos das entidades locais, desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Data: 03/10/2016 | Fonte: AMTEGA |
A Amtega convoca preto de 600 prazas para as probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais en ofimática
As persoas interesadas poden inscribirse a partir de mañá, 4 de outubro, segundo se publica hoxe no DOG
Data: 05/10/2016 | Fonte: PAE |
Novo boletín de Indicadores de Administración Electrónica
Publicouse un novo boletín de indicadores do OBSAE con datos actualizados a agosto de 2016
Data: 07/10/2016 | Fonte: BOE |
Aprobada a 2ª convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable DUSI
Orde HAP/1610/2016, do 6 de outubro, pola que se aproba a segunda convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020
Data: 07/10/2016 | Fonte: CN-CERT |
Comeza o prazo para a carga de datos do Informe Nacional do Estado de Seguridade (INES)
Todos os organismos públicos están obrigados a iso, tal e como sinala o artigo 35 do RD 3/2010, do ENS, actualizado polo RD 951/2015. O Informe é a ferramenta para avaliar regularmente o estado da seguridade dos sistemas das Administracións Públicas e a súa adecuación ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS)
Data: 11/10/2016 | Fonte: AMTEGA |
Os cidadáns poderán solicitar o servizo Chave 365 en centros de saúde e hospitais do Sergas
O DOG publicou a resolución que acorda a súa habilitación como centros acreditadores deste servizo, que constitúe unha alternativa ao uso dos certificados electrónicos para as xestións online coa Administración
Data: 13/10/2016 | Fonte: FEGAMP |
Publicada a enquisa para coñecer o grado de accesibilidade dos concellos para as persoas xordas
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), solicita a colaboración dos concellos para cubrir unha breve enquisa e elaborar o estudo sobre os centros en Galicia que están ou non adaptados e son accesibles para persoas xordas, sordocegas e con discapacidade auditiva
Data: 14/10/2016 | Fonte: Xunta de Galicia |
A Xunta investirá un millón de euros en impulsar a excelencia das prazas de abastos e mellorar os espazos tradicionais colaborando con 31 concellos e con 10 asociacións de praceiros
O vicepresidente da Xunta en funcións afirma que 7 concellos realizarán melloras nos espazos destinados a mercados tradicionais e ambulantes e os outros 24 realizarán investimentos nas prazas de abastos
Data: 14/10/2016 | Fonte: AEPD |
A AEPD publica unha guía sobre a reutilización de datos no sector público
A Axencia Española de Protección de Datos anunciou a dispoñibilidade de dous documentos de orientación sobre protección, reutilización e anonimización de datos persoais dirixidos ás administracións públicas
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaxe