Data: 07/04/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | A EGAP convoca actividades de formación para o persoal da Administración local de Galicia Poderán participar nas accións formativas os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional
Data: 09/04/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Amtega, a Fegamp e o CPEIG poñen á disposición dos concellos unha ordenanza tipo para axilizar a implantación da administración electrónica A directora da Amtega destaca a necesidade da colaboración interadministrativa para garantir aos cidadáns o seu dereito de relacionarse de xeito electrónico coa Administración
Contidos boletín
Data: 01/04/2015 | Fonte: Ministerio de Interior | O Ministerio de Interior presenta nunha web toda a información das eleccións locais 2015Nesta web os cidadáns poden obter toda a información da convocatoria de eleccións locais convocadas para o 24 de maio de 2015
Data: 01/04/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense | Convocatoria de axudas a concellos dentro do Programa de cooperación BenOurense InfanciaA Deputación de Ourense convoca axudas dirixidas a concellos da provincia para os puntos de atención á primeira infancia e servizos complementarios das entidades locais
Data: 06/04/2015 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | O Instituto Nacional de Administración Pública convocan accións formativas no ámbito local É obxecto da resolución a convocatoria das accións formativas que se recollen no anexo, que se desenvolverán durante o ano 2015
Data: 07/04/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | A EGAP convoca actividades de formación para o persoal da Administración local de GaliciaPoderán participar nas accións formativas os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional
Data: 07/04/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Aprobación definitiva da Carta dos dereitos e deberes dos cidadáns da Coruña en relación coa Deputación provincial A Carta dos dereitos e deberes do cidadán en relación coa Deputación Provincial ten como finalidade o recoñecemento do dereito fundamental da persoa á boa Administración pública e dos seus dereitos e deberes compoñentes
Data: 08/04/2015 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Axudas para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de aula mentorAberta a convocatoria de axudas a EELL territoriais e entidades públicas dependentes das EELL territoriais, para o mantemento, dunha aula Mentor destinada á formación aberta, flexible e a través de Internet para persoas adultas
Data: 09/04/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Amtega, a Fegamp e o CPEIG poñen á disposición dos concellos unha ordenanza tipo para axilizar a implantación da administración electrónicaA directora da Amtega destaca a necesidade da colaboración interadministrativa para garantir aos cidadáns o seu dereito de relacionarse de xeito electrónico coa Administración
Data: 09/04/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Traballo e Benestar convoca axudas ás EELL para a promoción da información xuvenil A Finalidade das axudas é potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil
Data: 10/04/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta cederalle aos concellos información tributaria para reducir trámites burocráticos a cidadáns e empresas A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) vai colaborar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) na cesión de información de carácter tributario a través de sistemas telemáticos
Data: 14/04/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Convocatoria aberta dos Premios Camiño de Santiago A Axencia Turismo de Galicia fixo públicas as bases dos Premios Camiño de Santiago e se procedendo á súa convocatoria para o ano 2015
Data: 15/04/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Convocadas as axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de GaliciaA Consellería de Medioambiente publica esta orde que ten por obxecto regular a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora
Data: 15/04/2015 | Fonte: FEGAMP | A Fegamp abre a porta aos enxeñeiros industriais que facer prácticas formativas e remuneradas nas EELLA Fegamp asina un convenio co consello galego enxeñeiros técnicos industriais para a realización de prácticas formativas remuneradas en concellos-deputacións galegos