Data: 04/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia de Galicia A axenda conta con 1.550 millóns de euros e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital
Contidos boletín
Data: 04/05/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Publicada a Lei de emprego público de GaliciaA través desta lei trasládase ao ámbito autonómico o espírito do Estatuto básico do empregado público, garantindose un marco común para o emprego público de todas as administracións públicas ás cales se estenden as competencias lexislativas da CCAA de Galicia
Data: 04/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia de GaliciaA axenda conta con 1.550 millóns de euros e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital
Data: 05/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | O Ministerio de Enerxía Industria e Turismo convoca as axudas para a renovación das instalacións de iluminación exterior municipalO obxecto das axudas é incentivar e promover a realización de actuacións no sector de iluminación exterior municipal que reduzan as emisións de dióxido de carbono, mediante a execución de proxectos de aforro e eficiencia enerxética
Data: 06/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Lugo | Convocadas as axudas para a posta en marcha, mantemento e nova creación dos servizos de normalización lingüísticaA Deputación de Lugo convoca as subvencións destinadas a gastos correntes da posta en marcha, nova creación ou mantemento dos Servizos de Normalización Lingüísticas (SNL) para agrupacións de concellos da provincia
Data: 07/05/2015 | Fonte: Deputación de Pontevedra | A Deputación de Pontevedra abre unha oficina do ORAL en Vigo Esta oficina atenderá a 20.000 vigueses que pagan tributos municipais a través da Administración provincial e a máis de 98.000 veciños da área metropolitana
Data: 08/05/2015 | Fonte: Femp | A FEMP e o Ministerio de Sanidade seguirán fomentado os estilos de vida saudables nas cidadesO acordo renovado entre ambas as entidades potenciará o traballo que desenvolve a Rede Española de Cidades Saudables e a aplicación no ámbito local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención
Data: 12/05/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Axudas concedidas a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembroA Axencia de Turismo de Galicia dá publicidade ás axudas concedidas a concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro do ano 2015
Data: 13/05/2015 | Fonte: BOE | Convocadas as axudas para danos en infraestruturas municipais e rede viaria das deputacións provinciais e forais, así como das CCAA uniprovinciaisO Minhap publica as bases das subvencións polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados nos dous primeiros meses de 2014 polas tormentas de vento e mar na fachada atlántica e costa cantábrica
Data: 15/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Concesión definitiva de subvencións correspondentes á convocatoria de socorrismo e a convocatoria de limpeza de praias dirixida aos concellos A Deputación da Coruña publica dúas resolucións pola que se aproban a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de socorrismo e as correspondentes ao programa de limpeza de praias marítimas dirixidas a concellos
Data: 15/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | A rede CeMIT pon en marcha en 14 centros un banco de tempo para compartir actividadesA primeira actividade formativa, “Creación de tendas en liña con Opencart” retransmitida dende Oroso, conta con 48 persoas matriculadas nos 5 concellos participantes
Data: 15/05/2015 | Fonte: Deputación de Ourense | O programa de Compostaxe doméstica promove a concienciación medioambiental nos concellos da provinciade Ourense A maior parte dos compostadores colocados nas vivendas foron inspeccionados in situ polos técnicos co fin de comprobar a operativa destes. Na súa práctica totalidade atopábanse a pleno rendemento