Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscríbase aos boletíns
Data: 18/06/2014
Boletín de novas 1ª quincena de xuño
Contidos boletín
Data: 02/06/2014 | Fonte: Deputación de Pontevedra |
A Deputación de Pontevedra fai pública a ampliación en 12 millóns do plan de actuacións nos concellos que acada os 27 millóns de euros
Coas medidas aprobadas, o plan pasa de contar con 15 millóns, a cantidade inicialmente aprobada o pasado 28 de febreiro, a dispoñer de 27 millóns €
Data: 03/06/2014 | Fonte: FEMP |
Ordenanza Tipo de Transparencia, Acceso á Información e Reutilización
A Ordenanza foi elaborada co obxectivo de servir aos Gobernos Locais como guía para facer dos seus Concellos entidades máis transparentes e abertas á participación dos veciños
Data: 03/06/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia |
Publicada a orde que permitirá aos concellos contratar entre 7 e 9 meses uns 600 beneficiarios da RISGA
Os beneficiarios optarán así a un contrato temporal, que durará entre 7 e 9 meses, e que será a tempo parcial, sempre por riba do 50 por cento da xornada laboral, e cunhas retribucións de acordo aos convenios colectivos correspondentes
Data: 04/06/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia |
Publicadas as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo
Esta orde ten por obxecto á convocatoria para os programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral
Data: 06/06/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia |
Aberto o prazo para solicitar subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado
A Axencia Galega das Industrias Culturais convocou estas axudas para apoiar a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado celebrados en Galicia, que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2013 e o 31 de outubro de 2014
Data: 10/06/2014 | Fonte: Deputación da Coruña |
Aprobación das bases do programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais
A Deputación Provincial da Coruña, ten por finalidade a través do presente Programa, apoiar aos concellos da provincia para que presten os servizos mínimos municipais
Data: 11/06/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado |
Publicadas as características principais do mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das entidades locais
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas fai público o o acordo para a modificación de determinadas condicións financeiras das operacións de endebedamento subscritas con cargo ao mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das Entidades Locais
Data: 11/06/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado |
Convocadas distintas accións formativas dirixidas aos empregados públicos das administracións locais
O Instituto Nacional de Administración Pública ven de facer públicas 5 resolucións nas que se recollen e convocan distintas actividades formativas
Data: 11/06/2014 | Fonte: Xunta de Galicia |
A Xunta destina máis de 8,4 millóns de euros ás accións formativas para desempregados que se desenvolven na provincia de Ourense
A achega económica permitirá a celebración de 144 cursos na provincia. O 61 por cento do investimento destinarase a accións formativas impartidas na capital
Data: 12/06/2014 | Fonte: Deputación de Lugo |
A Deputación de Lugo ofrece formación gratuíta a 120 emprendedores
II Campus de Emprendemento Sostible ofrece gratis formación, visitas a empresas consolidadas e asesoramento individual para a xeración ou maduración dunha idea empresarial con éxito
Data: 13/06/2014 | Fonte: Deputación de Ourense |
A Deputación de Ourense propón realizar un plan para mellorar a eficiencia enerxética nos concellos da provincia
O plan contempla catro liñas de actuación: aforro enerxético, transformación da biomasa, enerxía xeotérmica e colaboración co Inega, Igape e as universidades galegas
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaxe