Data: 16/07/2014Boletín de novas 1ª quincena de xullo
Contidos boletín
Data: 02/07/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | A Secretaría de Estado de Educación convoca axudas para entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formaciónTrátase dunhas axudas que teñen por obxecto o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor
Data: 04/07/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Publicada a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de CerdedoA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou a orde do 23 de xuño de 2014 de aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal do concello de Cerdedo
Data: 04/07/2014 | Fonte: Deputación de Lugo | A Deputación de Lugo inviste a cifra récord de 18 millóns no 1º Plan de Conservación Con Plan de Conservación, serán xa máis de 160 traballadores os beneficiados polo modelo de contratación socialmente responsable que a institución luguesa ten implantado
Data: 07/07/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Benestar pecha un protocolo co Banco de Alimentos e a Fegamp para ampliar a protección ás familias en situación de vulnerabilidade con menores a cargoA Consellería de Traballo e Benestar vén de pechar coa Federación Galega de Banco de Alimentos e a Fegamp o protocolo de colaboración para ampliar a protección ás familias con menores a cargo en situación de vulnerabilidade
Data: 08/07/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Máis de 230 concellos galegos apostan pola eficiencia enerxética grazas ao Programa de iluminación pública da XuntaA Consellería de Economía e Industria vén de resolver unha nova convocatoria dunha liña que permite aos municipios diminuír ata un 60% a factura eléctrica das instalacións substituídas
Data: 09/07/2014 | Fonte: Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria | A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova Axenda culturalTrátase dunha axenda dinámica, participativa e que permite a configuración a medida por parte dos usuarios respondendo as súas necesidades e intereses
Data: 10/07/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Pontevedra | A Deputación de Pontevedra convoca as axudas básicas de emerxencia social dirixidas aos concellosA Institución provincial abre unha liña de axudas para cubrir necesidades básicas coma alimentación, vivenda, medicamentos ou produtos de hixiene, que estará dotada de 365.000 euros e poderán solicitala os concellos
Data: 11/07/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Constituído o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para a campaña 2014O Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para a campaña 2014 quedou formalmente constituído esta tarde en Santiago, estando operativo na época de alto perigo de incendios forestais, que se prolongará ata o vindeiro 30 de setembro
Data: 14/07/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Adaptación e incorporación á sede electrónica de novos procedementos administrativos da Presidencia e da Vicepresidencia da XuntaA Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fai publico o listado de novos procedementos administrativos e de prazo aberto incorporados a sede electrónica da Xunta para a súa tramitación
Data: 15/07/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Publicada a Lei de transformación do Fondo para a Financiación dos Pagos a ProveedoresO obxecto desta Lei é extinguir e liquidar o Fondo para o Financiamento dos Pagos a Provedores, creando para o efecto o Fondo para o Financiamento dos Pagos aos Provedores 2, e definir o seu réxime xurídico como novo instrumento de xestión dos dereitos de crédito do Fondo que se extingue
Data: 15/07/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Convocadas as axudas a proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos polas EELLEsta subvencións teñen por obxecto financiar proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas que se van desenvolver nos concellos, mancomunidade de concellos ou agrupacións de concellos de Galicia nos anos 2014 e 2015