Data: 19/08/2014Boletín de novas da 1ª quincena de agosto
Contidos destacados
Data: 12/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta incrementa en máis dun 50 por cento as axudas a concellos para infraestruturas de uso público O importe das axudas ascende a máis de dous millóns de euros -fronte os 1,3 destinados en 2013- e resultarán beneficiados 73 concellos galegos
Data: 14/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta de Galicia implantará este ano un sistema de licitación electrónica para as deputacións e as entidades locais A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, porá en marcha este ano un sistema de licitación pública electrónica para as deputacións e as entidades locais
Contidos boletín
Data: 04/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Medio Ambiente activa a aplicación para móbiles ‘Sogama’ co fin de axudar aos cidadáns a separar correctamente os residuos urbanosA aplicación recolle información detallada acerca dos residuos a introducir en cada recipiente e circuíto que estes deben percorrer para facilitar o seu posterior reciclado
Data: 04/08/2014 | Fonte: Deputación de Pontevedra | Cursos do Plan de formación continua da Deputación de Pontevedra, destinados ao persoal das entidades locais 2014A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Asistencia Intermunicipal e dentro do Plan de formación continua para o persoal das entidades locais, organiza no ano 2014 unha completa programación de cursos orientada á capacitación dos equipos humanos dos concellos
Data: 04/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Preto do 80% dos concellos galegos permite iniciar trámites de xeito electrónicoOs servizos máis implantados no municipios con sede electrónica son o rexistro de documentos (60,7%) e o rexistro de queixas e suxestións ( 64%)
Data: 06/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta impulsa actuacións por 5,5 millóns coas que se potencian as prazas de abastos e o comercio local en 73 concellos GalegosEconomía e Industria vén de resolver axudas por máis de 3,8 millóns de euros para colaborar cos municipios na mellora competitiva do comercio de proximidade
Data: 06/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta fai pública a orde de axudas para concellos en Rede Natura á que destina case dous millóns de eurosA conselleira de Medio Ambiente presentou esta liña de actuación para as entidades locais, que dispoñen ata o 8 de setembro para presentar as súas solicitudes
Data: 07/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A AMTEGA e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións convocan o Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2014Ten como obxectivo o recoñecemento público da aplicación da tecnoloxía en proxectos con impacto social positivo. O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 8 de setembro.
Data: 11/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta activa unha aplicación para móbiles coa que consultar a predición meteorolóxica por concellosA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentou a aplicación gratuíta ´Meteogalicia’, na que colaboran a AMTEGA e Meteogalicia, coa que tamén se pode consultar o estado do mar e a predición para todas as praias de Galicia
Data: 12/08/2014 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Convocados os Premios Reina Sofía 2014, de accesibilidade universal de municipiosA finalidade destes premios é recompensar aos municipios que desenvolveron un labor continuado, levada a cabo nun periodo de tempo non inferior a cinco anos
Data: 12/08/2014 | Fonte: Portal de Administración Electrónica | A OCDE publica un documento con Recomendacións para o desenvolvemento de Estratexias de Administración Dixital O documento contén 12 pautas a ter en conta no desenvolvemento de Estratexias de Administración Dixital por parte dos países.
Data: 12/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta incrementa en máis dun 50 por cento as axudas a concellos para infraestruturas de uso públicoO importe das axudas ascende a máis de dous millóns de euros -fronte os 1,3 destinados en 2013- e resultarán beneficiados 73 concellos galegos
Data: 13/08/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | O DOG publicou a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral do Concello de PetínO novo plan xeral, que clasifica como solo rústico protexido máis do 97 por cento da súa superficie, permite dotar de seguridade xurídica ao concello
Data: 14/08/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | A Xunta de Galicia implantará este ano un sistema de licitación electrónica para as deputacións e as entidades locaisA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, porá en marcha este ano un sistema de licitación pública electrónica para as deputacións e as entidades locais