Ficha biblioteca

Nova Convocatoria dos premios Coopera Galicia 2018 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/09/2018 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Premios ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Os premios recoñecerán os mellores proxectos de xestión compartida de servizos, promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos
Detalles contido
Convocatoria dos premios Coopera Galicia 2018 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal Os premios recoñecerán os mellores proxectos de xestión compartida de servizos, promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos
12/09/2018|DOG

BDNS (Identif.): 414153.

De conformidade co previsto no artigo 17.3.b) e no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

 Persoas beneficiarias

Poderán optar a estes premios as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto, incluso piloto, de xestión compartida de servizos para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria dos premios Coopera Galicia para o ano 2018, instituídos para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública de proxectos de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo os derivados da xestión das competencias municipais recollidas no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Bases reguladoras

Orde do 28 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia 2018 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal, mediante a distinción pública de proxectos de xestión compartida de servizos, promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total setenta e sete mil cincocentos euros (77.500,00 euros).

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro.

Acceso ao procedemento sede electrónica

Temas:Administración local
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar