Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña publica as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/11/2018 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Administración local Tipo de contidoNovas, Actuacións ou iniciativas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición Publicación íntegra das bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia da Coruña
Detalles contido
A Deputación da Coruña publica as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia Publicación íntegra das bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia da Coruña
09/11/2018|Deputación da Coruña

Publicación íntegra das bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia

Obxecto da delegación

A Deputación Provincial da Coruña asume, por delegación expresa, as competencias en materia tributaria que se concretan máis adiante, en relación con tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público de carácter municipal, mediante a adhesión particular e expresa do concello titular dos mesmos ás presentes Bases.

Réxime xurídico

O exercicio das competencias en materia tributaria delegadas polos concellos rexerase, en primeiro termo, polo disposto nas presentes Bases e ademais por:

a) A Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

b) A Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria.

c) O Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral orzamentaria.

d) A Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

e) O Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

f) O Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

g) A Ordenanza fiscal xeral da Deputación Provincial da Coruña.

h) As normas específicas de cada recurso, se as tivera.

i) As normas que desenvolvan, complementen ou modifiquen ás anteriores.

j) As demais normas de obrigada aplicación á materia.

1. Contido mínimo e alcance da delegación.

Os concellos que desexen delegar na deputación competencias en materia tributaria terán que delegar, polo menos, as seguintes:

  • Xestión e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre bens inmóbeis, tanto de natureza rústica como urbana ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.
  • Xestión e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, así como a facultade para, de acordo co previsto no artigo 92 da Lei reguladora das facendas locais, solicitar da Administración Tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censal e inspección, e establecer coa devandita Administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este mesmo imposto.
  • Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, salvo que o impidan compromisos ineludibles adquiridos con anterioridade polo concello ou este xestione o tributo directamente e non desexe delegalo.

2. Contido opcional.

Os concellos que deleguen o contido mínimo poderán, ademais, delegar na deputación as seguintes outras competencias:

  • A facultade, de acordo co previsto no artigo 78 da Lei reguladora das facendas locais, para establecer acordos ou convenios coa Administración Tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co Imposto sobre bens inmóbeis.
  • Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
  • Recadación voluntaria e executiva de taxas e prezos públicos de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón. Dito padrón anual poderá fraccionarse en dúas cotas semestrais, sempre que o concello titular da taxa ou prezo público recolla esta circunstancia na correspondente ordenanza fiscal municipal. En calquera caso, a determinación dos períodos de cobranza será competencia da deputación.
  • Recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, incluíndo a colaboración previa cos concellos para a identificación dos propietarios dos vehículos cos que se cometeron as infraccións.
  • Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
  • Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral. A xestión que pode ser obxecto de delegación tanto pode afectar ao suposto xeral do artigo. 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, baseado no 1,5% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.
  • A liquidación, recadación e revisión tanto en período voluntario como en período executivo dos ingresos de Dereito Público resultantes da instrución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados do control financeiro, realizado pola Deputación como consecuencia da delegación desta función.

Durante o período de vixencia da delegación, os concellos que o desexen poderán ampliar o contido da mesma, dentro do marco establecido nesta Base. Para iso, deberá seguirse o mesmo procedemento de tramitación utilizado inicialmente. Esta ampliación terá efectos dende a data da súa aceptación pola deputación ata a finalización da vixencia da delegación inicial.

 

Temas:Administración electrónica, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar