Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra comeza a entrega de composteiros individuais entre os concellos Revitaliza
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/05/2019 FonteDeputación de pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Oia e O Rosal serán os primeiros en recibir o material provincial coincidindo coa Semana Internacional do Compost
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra comeza a entrega de composteiros individuais entre os concellos Revitaliza Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Oia e O Rosal serán os primeiros en recibir o material provincial coincidindo coa Semana Internacional do Compost
09/05/2019|Deputación de pontevedra

A Deputación de Pontevedra comezará esta semana a entrega de composteiros individuais aos ‘concellos Revitaliza' co fin de fomentar a compostaxe domiciliaria. Coincidindo coa celebración da Semana Internacional do Compost –entre o 5 e o 11 de maio–, os primeiros municipios que recollerán o material serán os de Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Oia e O Rosal para despois distribuílos entre a veciñanza que ten casas con horta.

En total serán 20 os concellos da provincia que se poderán beneficiar do reparto dos mil composteiros individuais que a Deputación ten dispoñibles xunto co seu respectivo material complementario (aireadores, guía informativa, etc.). A primeira esixencia que deben cumprir os concellos interesados para conseguir estes composteiros é estar adheridos ao Plan Revitaliza; tamén dispoñer no seu territorio de polo menos un centro de compostaxe comunitaria en funcionamento ou unha mestra composteira interina; non ter concedida a liña 2 das subvencións Revitaliza; facerse cargo da recollida, transporte, entrega e dar a formación necesaria á veciñanza; e comprometerse a facer o seguimento dos composteiros repartidos con como mínimo dúas visitas aos domicilios que os teñan durante o ano posterior á súa entrega.

Os primeiros expedientes de subvención aprobados para o reparto dos composteiros individuais (COIN) foron para os concellos de Cambados, Oia, O Rosal, Sanxenxo e Soutomaior. Todos estes municipios recibirán o máximo de composteiros posibles nesta fase tendo en conta as súas necesidades teóricas para cubrir o total da veciñanza. Así, Cambados disporá de 26 COIN, Oia de 20, O Rosal de 22, Sanxenxo de 64 e Soutomaior de 31.

Os restantes composteiros individuais repartiranse de forma progresiva atendendo ás solicitudes dos ‘concellos Revitaliza' unha vez formalicen a súa solicitude correctamente e completen a entrega de documentación: a memoria co número de persoas interesadas en obter un composteiro e coa estratexia de reparto e formación, xunto coas declaracións responsables de cumprir as obrigas municipais ao respecto.

A entrega de COIN por parte da Deputación supón un complemento á compostaxe comunitaria que se está a desenvolver nos concellos da provincia, co fin de estender o tratamento en proximidade dos residuos orgánicos entre a veciñanza que dispón dun terreo para xestionar na súa propia vivenda os seus biorresiduos. Desta maneira tratarase por compostaxe tanto a fracción orgánica doméstica convencional producida nas vivendas (restos de cociña e comidas) como a de hortas e xardíns evitando a recollida e transporte do residuo.

Hai que lembrar que a Deputación ten xa instalados máis de 116 centros comunitarios que dan servizo a veciñanza que vive en zonas de densidade media e de grandes produtores en 30 municipios. Ademais, están traballando nunha fase máis adiantada da compostaxe (en liña 2 e polo tanto non poden optar ao actual reparto de COINS) os concellos de Pontevedra, Vilaboa, O Grove, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, xunto con A Illa, Bueu, Cangas, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Valga e Poio, pendentes de confirmación da súa subvención.

Semana Internacional do Compost

Temas:Administración local, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido