Ficha biblioteca

Nova Concesión definitiva de subvencións a concellos e entidades locais da Coruña para os servizos de normalización lingüística
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/05/2019 FonteBop de Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Lingua e literatura galega Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsEntidades Locais, Deputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición Publicada a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións do programa FONL 2019 dirixido a concellos e entidades locais da provincia da Coruña para creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística
Detalles contido
Concesión definitiva de subvencións a concellos e entidades locais da Coruña para os servizos de normalización lingüística Publicada a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións do programa FONL 2019 dirixido a concellos e entidades locais da provincia da Coruña para creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística
15/05/2019|Bop de Coruña

ANUNCIO

RP 2019/15670, do 7 de maio de 2019, pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións do programa FONL 2019, dirixido a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística, ano 2019 

Resolveuse:

1.º.–Aprobar a concesión das subvencións incluídas no Programa FONL: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística, durante o ano 2019, aos concellos e entidades locais seguintes:

ANEXO

Total concedido: 386.000,00 €.

2.º.–Considerar como definitivos os orzamentos modificados de oficio naqueles casos que incluían gastos non subvencionables segundo a convocatoria. Os solicitantes poden consultar os orzamentos definitivos accedendo ao expediente telemático.

3.º.–Autorizar a todas as entidades que o solicitaron para que poidan contratar máis do 50% da actividade subvencionada e/ou concertar a execución total ou parcial do obxecto da subvención con persoas vinculadas á entidade, cumprindo os requisitos establecidos no artigo 29.7.d da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (O importe subvencionable non pode exceder do custo incorrido pola entidade vinculada. A acreditación do custo realizarase na xustificación nos mesmos términos establecidos para a acreditación dos gastos do beneficiario).

4.–Dispor o gasto das subvencións concedidas con cargo á seguinte aplicación orzamentaria: 0111/3344/46201, fase A, referencia número 22019000389, operación número 220190007680, importe 386.000,00 €.

Nova relacionada

 

 

Temas:Administración local, Lingua e literatura galega
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Entidades Locais, Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar