Ficha biblioteca

Nova Convocatoria do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” nos concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/05/2019 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Bolsas ColectivosCidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais, Empresas OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición Mediante este programa seleccionaranse os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras e determinaranse as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 162 postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, os criterios de selección das persoas que se van contratar e regularase a relación entre a Deputación e as entidades colaboradoras.
Detalles contido
Convocatoria do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” nos concellos Mediante este programa seleccionaranse os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras e determinaranse as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 162 postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, os criterios de selección das persoas que se van contratar e regularase a relación entre a Deputación e as entidades colaboradoras.
15/05/2019|Bop de Pontevedra

Bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia de pontevedra “o teu primeiro emprego” nos concellos

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 30 de maio de 2019.

Mediante este programa seleccionaranse os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras e determinaranse as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 162 postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, os criterios de selección das persoas que se van contratar e regularase a relación entre a Deputación e as entidades colaboradoras.

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

As 162 contratacións en prácticas distribuiranse entre os concellos como entidades colaboradoras de acordo co seguinte cadro:

Núm. de habitantes Núm. de contratos Núm. de concellos TOTAL
Ata 10.000 2 37 74
De 10.001 a 50.000 4 22 88
TOTAL 162

Máis información na web da Deputación de Pontevedra  O Teu Primeiro Emprego

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar