Ficha biblioteca

Nova Anuncio da incorporación de seis novos concellos ao programa Xantar na casa
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/06/2019 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoNovas, Programas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Súmanse a ese servicio xa implantado en 169 municipios as localidades de Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz, Vilamartín de Valdeorras e Ribeira
Detalles contido
Anuncio da incorporación de seis novos concellos ao programa Xantar na casa Súmanse a ese servicio xa implantado en 169 municipios as localidades de Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz, Vilamartín de Valdeorras e Ribeira
13/06/2019|Xunta

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe nunha resposta no Pleno do Parlamento de Galicia a próxima incorporación de seis concellos ao programa Xantar na casa, que na actualidade chega a 169 municipios de toda a xeografía galega e a través do cal sérvense 40.000 comidas ao mes para 1.300 persoas usuarias. En concreto, súmanse a este servicio: Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz, Vilamartín de Valdeorras e Ribeira.

Fabiola García enmarcou a extensión do Xantar na casa no compromiso de que as galegas e galegos poidan facerse maiores como e onde desexen, dunha maneira activa e plenamente integrados na sociedade. Neste obxectivo incluíu outros avances na procura de achegar os recursos ao lugar de residencia dos maiores, como o reforzo da Axuda no Fogar, que chega a 24.000 maiores, o que fai de Galicia un referente en toda España; ou o desenvolvemento tecnolóxico da teleasistencia para convertela en teleasistencia avanzada.

A conselleira amosou a súa preocupación por dar resposta a aqueles maiores que viven sós sen desexalo, os cales poden beneficiarse da ampla oferta de tempo libre da Xunta, como son os programas de Benestar en balnearios e talasos e Xuntos polo Nadal.

Entre outras opcións para evitar as sensacións de soidade e illamento destas persoas, a partir das vindeiras semanas os galegos maiores terán á súa disposición o programa Voluntariado Sénior. Trátase de fomentar que os maiores de 55 anos se incorporen ao voluntariado en accións de promoción do Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 ou de recuperación da cultura, arte e tradicións galegas, entre outros.

E, por último, e dirixido a dar resposta ás necesidades dos maiores que voluntariamente viven sós nos seus fogares, a Xunta ten en marcha desde o ano pasado a iniciativa Acompaño. No seu primeiro ano de actividade, 45 maiores estiveron dispostos a que unha persoa voluntaria as acompañase no seu fogar.

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar