Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña financia pequenas accións de mellora medioambiental en 39 concellos da provincia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/09/2019 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición O BOP ppublicou a concesión das axudas, por importe de 83.565 euros, destinadas a financiar pequenas actividades que contribúan a manter e mellorar a contorna natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña
Detalles contido
A Deputación da Coruña financia pequenas accións de mellora medioambiental en 39 concellos da provincia O BOP ppublicou a concesión das axudas, por importe de 83.565 euros, destinadas a financiar pequenas actividades que contribúan a manter e mellorar a contorna natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña
11/09/2019|Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña financiará con 83.565 euros accións de mellora medioambiental en 39 concellos da provincia.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a listaxe provisional dos 39 concellos (3 das subvencións son condicionadas), que recibirán axudas de algo máis de 2.000 euros para financiar pequenas accións que, dende o ámbito municipal, contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña.

Os concellos beneficiarios das axudas son Miño, Mugardos, A Pobra, Valdoviño, Bergondo, Cee, Cabana de Bergantiños, Trazo, A Baña, Muxía, Santa Comba, Touro, Corcubión, Abegondo, San Sadurniño, Boiro, Brión, Oroso, O Pino, Outes, Oleiros, Lousame, Ribeira, Frades, Neda, Ferrol, Muros, Rois, Pontedeume, Porto do Son, Camariñas, Boimorto, Fisterra, Zas, Rianxo, Cabanas, Melide, Coirós e Cedeira.

Entre elas destacan programas de implantación de aproveitamento resineiro en concellos como A Baña, Cabana de Bergantiños, Coirós, Touro e Santa Comba, control de especies invasoras coma (Bergondo e Fisterra), loita contra a vespa velutina, accións de xestión de residuos e compostaxe ou campañas de sensibilización e educación ambiental.

Listaxe completa das subvencións concedidas e o seu obxecto

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Enviar