Ficha biblioteca

Nova A Xunta investirá máis de 270.400 euros en actuacións con cargo ao fondo de compensación ambiental na comarca da Coruña
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/09/2019 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Esta liña de axudas da Vicepresidencia repartirá este ano 279.438 euros en oito concellos da comarca da Coruña
Detalles contido
A Xunta investirá máis de 270.400 euros en actuacións con cargo ao fondo de compensación ambiental na comarca da Coruña Esta liña de axudas da Vicepresidencia repartirá este ano 279.438 euros en oito concellos da comarca da Coruña
11/09/2019|Xunta de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o concello de Curtis para coñecer de primeira man as actuacións que este municipio realiza ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Na visita tamén participaron o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o de Sobrado, Lisardo Santos, xa que unha das actuacións financiadas é un proxecto ambiental centrado na vixilancia da xestión dos residuos sólidos urbanos en ambos concellos. Esta liña de axudas da Vicepresidencia repartirá este ano 279.438 euros en oito concellos da comarca da Coruña.

A Xunta destinou 54.858 euros á contratación dun técnico ambiental e sete peóns, así como á adquisición de dous vehículos para controlar a xestión dos residuos sólidos en Curtis e Sobrado. A través destas subvencións, o concello de Curtis tamén percibiu outros 39.162 euros para a compra de maquinaria coa que manter limpos os espazos naturais e zonas verdes do municipio. Pola súa parte, o concello de Sobrado contará cunha achega de 34.107 euros para renovar o alumeado público.

Outra das obras máis importantes que se realizará na comarca a cargo destes fondos será a ampliación da traída de augas municipais en Aranga, que contará cunha aportación da Xunta de 39.128 euros, aos que se suman outros 14.901 euros para crear unha brigada ambiental en conxunto con Irixoa, Monfero e Vilarmaior. O Goberno galego financiará ademais cunha axuda de 30.000 euros a posta en marcha do servizo municipal de protección dos espazos naturais e a xestión do punto limpo no concello de Oza-Cesuras. O resto do investimento repártese entre Arteixo, Irixoa, Paderne e Vilasantar.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que con estas axudas os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

O Fondo de Compensación Ambiental púxose en marcha en 2010 e permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións realizadas son financiadas a través do canon eólico. As axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración do medio ambiente e o reequilibrio territorial.

FONDO COMPENSACIóN AMBIENTAL COMPETITIVO E NON COMPETITIVO

ENTIDADE LOCAL

OUTROS CONCELLOS

Proxecto

TOTAL

 (SOLICITUDE CONXUNTA)

Aranga

Irixoa, Monfero, Vilarmaior

Creación e posta en marcha dunha brigada ambiental 2019

14.901,52 €

Aranga

 

Ampliación da traída de augas municipais no lugar de Vilourís

39.128,00 €

Arteixo

 

Equipamiento para control ambiental: vwhñiculos aéro non triplulado

4.199,17 €

Curtis

Sobrado

Proxecto ambiental Curtis e Sobrado

54.858,79 €

Curtis

 

Proxecto de mellora de equipamento municipal

39.162,00 €

Irixoa

 

Mellora da luz na rede pública en Quintá, Cabanas e outros

21.081,59 €

Oza-Cesuras

 

Servizo municipal de protección do ambiente e do espazo natural no ámbito municipal e xestión do seu punto limpo

30.000,00 €

Paderne

 

Plan de actuación contra a vespa velutina

5.000,00 €

Sobrado

 

Renovación da rede de luz pública para impulso do aforro enérxico en varios lugares

34.107,90 €

Vilasantar

Boimorto

Adquisición de vehículo pick up 4x4 con cesta elevadora. Servizo de Medio Ambiente

26.000,00 €

Vilasantar

 

Subministración de luminarias para a mellora da eficiencia enerxética no pavillón municipal

2.000,00 €

TOTAL

270.438,97 €

Temas:Administración local, Medio ambiente, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar