Ficha biblioteca

Nova Convocatoria dos premios á dinamización demográfica, para distinguir as iniciativas das entidades locais de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/09/2019 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Premios ColectivosEntidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada hoxe no DOG a Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C)
Detalles contido
Convocatoria dos premios á dinamización demográfica, para distinguir as iniciativas das entidades locais de Galicia Publicada hoxe no DOG a Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C)
12/09/2019|DOG

BDNS (Identif.): 472560.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Persoas beneficiarias

Poderán optar a estes premios os concellos, de forma individual ou mediante agrupación de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2018.

b) Todas as entidades participantes deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do exercicio orzamentario de 2017. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a falta de acreditación por parte dalgunha das entidades participantes na candidatura suporá a súa inadmisión. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá acreditalo individualmente cada un dos concellos integrantes da agrupación.

Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Obxecto

Os premios á dinamización demográfica 2019 (PR420C) teñen por obxecto a difusión das iniciativas locais que aborden o reto do cambio demográfico mediante a distinción pública de proxectos que impulsen a dinamización demográfica, promovidos por concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, que persigan a implantación de iniciativas e accións específicas relativas ao cambio demográfico no seu contorno territorial, nalgún dos seguintes ámbitos:

a) Apoio ás familias.

b) Conciliación da vida familiar, laboral e persoal.

c) Apoio á mocidade.

d) Retorno e atracción de nova poboación.

e) Promoción do envellecemento activo e saudable.

f) Creación do marco necesario para o asentamento da poboación no medio rural.

A concesión dos premios realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Bases reguladoras

Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C).

 Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de setenta e sete mil cincocentos euros (77.500,00 €).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Novas relacionada

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar