Ficha biblioteca

Nova A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/09/2019 FonteAMTEGA
Taxonomía
TemasAdministración electrónica Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición A Administración autonómica apoiou a candidatura do “.gal”, institucional e financeiramente, e adoptou o dominio de maneira preferente para a súa presenza na Rede
Detalles contido
A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal A Administración autonómica apoiou a candidatura do “.gal”, institucional e financeiramente, e adoptou o dominio de maneira preferente para a súa presenza na Rede
12/09/2019|AMTEGA

• A directora de Sociedade Dixital da Amtega participou hoxe no encontro dos Geotlds, o grupo que integra arredor de 90 rexistradores de dominios de cidades, rexións ou comunidades lingüísticas
• A Asociación PuntoGal é a organizadora desta xuntanza, que achega, por primeira vez a Galicia, a representantes de dominios como “.berlin”, “.paris”, “.amsterdam”, “.cat” ou “.eus”, entre outros
• A Administración autonómica apoiou a candidatura do “.gal”, institucional e financeiramente, e adoptou o dominio de maneira preferente para a súa presenza na Rede

A Xunta de Galicia  analizará novas novas liñas de colaboración coa Asociación PuntoGal, segundo avanzou hoxe a directora da área de Sociedade Dixital da Amtega, Rosa Méndez, na apertura do encontro dos Geotlds, esta mañá en Santiago de Compostela.

Geotlds, integra arredor de 90 rexistradores de dominios de cidades, rexións ou comunidades lingüísticas, que abordarán ata o día 13 diferentes temas de interese para o colectivo como a lexislación relativa á protección de datos, ou liñas estratéxicas de márketing.

Durante a xuntanza a directora de Sociedade Dixital recalcou hoxe o compromiso da Administración autonómica co dominio galego na rede e a intención de seguir colaborando para consolidar a presenza do “.gal” en internet. Rosa Méndez participou neste encontro, organizado pola Asociación galega PuntGal en Santiago de Compostela, e que achega, por primeira vez a Galicia, a representantes de dominios como “.berlin”, “.paris”, “.amsterdam”, “.cat” ou “.eus”, entre outros. 

Apoio da Xunta ao “.gal”
O 25 de xullo de 2014 entraron en funcionamento os primeiros dominios “.gal”, resultado dun proceso de oito anos, impulsado pola Asociación PuntoGal, que contou coa implicación de diversas institucións, entre elas a Xunta de Galicia, que apoiou a iniciativa institucional e financeiramente. A Administración autonómica foi unha das entidades pioneiras que nesa xornada activou 9 dominios “.gal” en  internet.

En coherencia con esta implicación, e entendendo que o dominio .gal é unha oportunidade para o posicionamento de Galicia e da lingua galega en internet, a Administración autonómica galega  tomo a decisión de  adoptar de maneira preferente o dominio .gal  para a súa presenza na Rede.

Logro histórico
A consecución do dominio “.gal” foi un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil

Temas:Administración electrónica
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar