Ficha biblioteca

Nova A Xunta lembra que a tramitación telemática das comunicacións de queimas de restos agrícolas é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/10/2019 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente, Protección do medio Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite
Detalles contido
A Xunta lembra que a tramitación telemática das comunicacións de queimas de restos agrícolas é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite
10/10/2019|Xunta de Galicia

A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite. Esta páxina reúne as características de posible fraude e non é mais rápida nin simplifica os procedementos, polo que a Xunta está estudando as accións xurídicas pertinentes.

O Goberno galego anima aos cidadáns a que realicen as xestións a través da web oficial de balde. Por iso, lembra que o único enderezo-web oficial para realizar os devanditos trámites, sen custe para o administrado, é o seguinte: https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/

Por último, a Xunta quere sinalar tamén que existe a posibilidade de facer estas xestións a través do teléfono 012, en horario de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
e os sábados de 8:00 a 17:30 horas. Neste caso, o interesado unicamente deberá aboar o custo da chamada segundo teña contratado coa súa compañía telefónica.

Temas:Administración local, Medio ambiente, Protección do medio
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar