Ficha biblioteca

Evento Xornada en Lugo “A transparencia na Administración Local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/11/2019 FonteDXAL
Taxonomía
TemasTransparencia e participación cidadán Tipo de contidoEventos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsEntidades Locais Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Xornada sobre “A transparencia na Administración Local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”, organizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias
Detalles contido
LugarLugo OrganizadorDirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias Datas
DíaHora inicioHora fin
22/11/2019 10:00 14:00
Evento

Xornada en  Lugo “A transparencia na Administración Local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”

O día 22 de novembro, en  Lugo respectivamente, celébrase a Xornada sobre “A transparencia na Administración Local de Galicia. Actualidade xurídica e práctica”, organizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias

Con esta xornada pretendese actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas particularidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, Real Decreto 128/2018, RXPD, Ley Orgánica 3/2018),  así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia dun xeito fácil e intuitivo.

Lugo: 22 de novembro de 2019, Salón de actos.  Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo (Programa)

Horario: 10:00 a 14:00 horas.

Destinatarios/as: Esta xornada está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local e interesados en xeral.

Formulario de inscrición.na seguinte ligazón:

http://www.fegamp.gal/content/xornadas-lugo-e-ourense-transparencia-na-administracion-local-de-galicia-actualidade

Prazas limitadas.

Máis información e consultas no teléfono 881 998 016.

Obxectivos Específicos:

  • Examinar as dificultades e solucións para facilitar o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local.
  • Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.
  • Coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público.
  • Afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.
  • Coñecer as novidades en materia de protección de datos, e as distintas e múltiles  interaccións normativas entre a transparencia e a normativa sobre protección de datos (RGPD-LOPD)
Temas:Transparencia e participación cidadán
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Entidades Locais
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar