Ficha biblioteca

Nova Convocatoria das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación03/12/2019 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, Patrimonio, Turismo, Xacobeo, Infraestruturas Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Axencia de Turismo de Galicia fai pública a resolución pola que se convocan axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago
Detalles contido
Convocatoria das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago A Axencia de Turismo de Galicia fai pública a resolución pola que se convocan axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago
02/12/2019|DOG

BDNS (Identif.): 483666.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

Categoría 1ª:

a) Os concellos de Galicia polos cales discorra algún treito do Camiño de Santiago.

b) Tamén poderá solicitar as axudas reguladas por estas bases calquera outra entidade local supramunicipal galega (deputación, mancomunidade,...) en relación con actuacións para realizar no Camiño de Santiago sempre que teña competencias para a actuación proposta.

Categoría 2ª:

a) As persoas físicas ou xurídicas titulares dun dereito real sobre un ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situado no Camiño de Santiago. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os arrendatarios dos citados bens, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, en relación cos inmobles situados no Camiño de Santiago.

c) As asociacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens, e calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante suficiente para actuar sobre o recurso ou elemento sobre o cal se propón a actuación.

Segundo. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e o respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código de procedemento TU501D).

As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago, e no campo visual do seu percorrido. Exclúense desta orde os núcleos urbanos consolidados.

2. En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna:

Actuacións de valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran o patrimonio etnográfico de Galicia, de conformidade co sinalado no capítulo III da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches,… e calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e á cultura do lugar). As actuacións realizaranse sobre o propio elemento e/ou a súa contorna.

b) Actuacións sobre a casa e a eira:

• Actuacións de mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona como son a madeira, a pedra, a pintura e calquera material que harmonice coa contorna e coas súas cores.

• Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos,…

• Actuacións de mellora nas edificacións auxiliares, como adaptación da escala ou os acabamentos.

c) Actuacións no espazo agrario:

• Actuacións de ocultación, mediante vexetación ou outros elementos, daqueles bens ou elementos con forte impacto sobre o campo visual do camiño, por exemplo naves gandeiras.

• Actuacións de demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico, como naves, silos ou casetas.

• Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso.

• Actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso.

d) Actuacións de naturalización:

Incorporación de vexetación como elemento integrador das construcións e das vías, como arboredo e vexetación arbustiva de acompañamento do camiño, e mellora do axardinamento en xeral.

e) Actuacións no trazado do camiño:

• Actuacións de substitución de elementos de mobiliario urbano e similares que, polo seu estado de deterioración ou polas súas propias características físicas, resulten alleos á contorna do Camiño. Por exemplo: marquesiñas, elementos de sinalización, bolardos, iluminación pública, cables aéreos, antenas, contedores de residuos…

Todas as actuacións deberán executarse seguindo as indicacións que se recollen nas directrices que se xuntan como anexo IX ás bases.

3. As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías, en atención ás entidades solicitantes:

Categoría 1ª: entidades locais.

Categoría 2ª: persoas físicas e xurídicas privadas.

4. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

5. Só caberá presentar unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación. Para os efectos desta convocatoria, considerarase proxecto aquela actuación ou conxunto de actuacións susceptibles de definición individualizada para as cales se solicita subvención.

6. A persoa ou entidade solicitante deberá ter plena dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretende realizar as actuacións, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no artigo 19. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase, no caso de entidades locais, mediante a certificación emitida pola secretaría do concello solicitante no modelo do anexo III. No caso de persoas físicas ou xurídicas privadas, este requisito acreditarase mediante a presentación dunha copia da escritura de propiedade ou de calquera outro dereito real sobre o ben ou recurso.

7. Así mesmo, de seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita a subvención, deberase contar coas autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais que resulten preceptivas, tanto das entidades locais como doutros organismos ou administracións públicas. Para estes efectos, o cumprimento do dito requisito acreditarase na fase de xustificación.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501D).

Cuarto. Importe

As subvencións obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 1.200.000 €, dos cales 600.000 € se asignarán á categoría 1ª (entidades locais) con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.760.0, código de proxecto 2016 00002, e 600.000 € á categoría 2ª (persoas físicas ou xurídicas privadas), con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.781.0, código de proxecto 2015 00005, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

O prazo para a xustificación da subvención será ata o 20 de outubro de 2020.

Temas:Administración local, Cultura, Patrimonio, Turismo, Xacobeo, Infraestruturas
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar