Ficha biblioteca

Nova Programa de cooperación coas entidades locais en materia de servizos sociais BenOurense Persoal Técnico 2020
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/02/2020 FonteBOP de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Constitúe o obxecto deste Programa provincial de asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2020, denominado Programa BenOurense Persoal Técnico
Detalles contido
Programa de cooperación coas entidades locais en materia de servizos sociais BenOurense Persoal Técnico 2020 Constitúe o obxecto deste Programa provincial de asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2020, denominado Programa BenOurense Persoal Técnico
11/02/2020|BOP de Ourense

1. Acción 1ª: asistencia económica

Co obxecto de garantir o financiamento aos concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes para a contratación ou nomeamento de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ao de traballador/a social.

2. Acción 2ª: asistencia técnica e xurídica

En materia de servizos sociais, complementaria da asistencia económica. Esta prestación levarase a cabo por persoal da área de Benestar da Deputación, consistindo na emisión de informes técnicos e xurídicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase de xeito prioritario ás entidades locais correspondentes a áreas rurais de menos de 5.000 habitantes e rurais de alta dispersión.

Procedemento de adhesión dos concellos e mancomunidades.

Ao abeiro do establecido na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artigo 14.2, a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria que a presentación de solicitudes sexa conforme co previsto nesta base.

Os concellos e mancomunidades interesados en participar no programa deberán comunicarlle a súa adhesión á Deputación Provincial, mediante resolución da Alcaldía (ou órgano delegado, se é o caso), na que se manifeste expresamente a asunción das obrigas e compromisos previstos no Programa, para o que deberán utilizar obrigatoriamente os modelos facilitados pola Deputación e que deberán ser descargados na aplicación informática http://benourense.depourense.es

O prazo de presentación da adhesión será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Convocatoria completa

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido