Ficha biblioteca

Nova A xunta destina 145.000 € a axudas a entes locais e entidades privadas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/02/2020 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Estas axudas van destinadas aos entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia
Detalles contido
A xunta destina 145.000 € a axudas a entes locais e entidades privadas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos Estas axudas van destinadas aos entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia
14/02/2020|DOG

BDNS (Identif.): 495308.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT130A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento corenta e cinco mil euros (145.000 euros) coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

11.20.432A.760.0: 110.000 euros.

11.20.432A.781.0: 35.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar